mércores, 2 de abril de 2008

COMEZARON AS ACTIVIDADES ...



Hoxe celebramos ademais de xeito especial o "DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL". Repartímonos en dous grupos e subimos á nosa Biblioteca onde vimos uns audiovisuais sobre a vida de Hans Christian Andersen e escoitamos dous dos seus contos: "O soldadiño de chumbo" e "O traxe novo do Emperador". Tamén aproveitamos para visitar o noso blog e ver a información que hai sobre este gran escritor de libros infantís.
Os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos elaboraron por parellas as fichas preparadas na Biblioteca para saber un pouco máis sobre Andersen.

E nada máis bonito que ver como os máis pequenos, neste caso, pequenas do cole adoitan o papel de "contacontos" e súmanse a esta experiencia que levaremos a cabo nalgúns dos recreos do mes de abril. Mestras, alumnos e alumnas repartirémonos este tempo para ler, contar e facer disfrutar aos demais das historias que escollamos.
Temos un longo mes por diante, así que ánimo e a LER!

Ningún comentario: