TEMÁTICAS

martes, 15 de setembro de 2009

EMPEZAMOS!!!

Vaia, vaia, parece que as novas chegan un pouco vellas... Pero o importante é que onte demos inicio ao novo curso na nosa BIBLIOTECA!
* "¡Que risa de rata!" e "Loboferoz" son dous contos que nos gustan moito e que serviron para pasar un bo ratiño na hora do recreo.













E este foi o noso entregado público, ao que esperamos seguir vendo ao longo deste ano para disfrutar de tooooodos os libros que poidan.

FELICES LECTURAS A TODOS E TODAS!!
Chis-chis, plof-plof!

4 comentarios:

  1. Querida Chispa:
    Non sabes canto te botei de menos... tantos meses sen novas é moito esperar. Menos mal que co inicio do curso e apertura da nosa Biblioteca todo volve á normalidade!!!

    ResponderEliminar
  2. Eu podo dicir que, como participante no Contacontos, observei a cara de ledicia dos nenos e nenas que alí estaban, polo tanto sigo crendo firmemente que a Biblioteca do Centro é un dos espazos que máis deberíamos valorar.
    Apertas para Chispa e en especial para quen é capaz de levar a cabo todo este traballo.

    ResponderEliminar
  3. Queridas amigas:
    eu tamén estaba agardando este regreso con ilusión. Chis-chis, plof-plof!
    Espero que un ano máis fagamos un esforzo conxunto por conseguir que a Biblioteca sexa "o recanto con máis encanto" do noso cole.
    En breve enviarei a maleta coas primeiras novidades do curso.
    Ata entón, ¡FELICES LECTURAS!
    Apertas agarimosas de Chispa.

    ResponderEliminar
  4. ¡Como me gustaria voltar a esa biblioteca, a escoitar esos contos, a atoparme con esa maleta chea de ilusión!.
    Bo comezo.
    Bicos.
    Lucía

    ResponderEliminar