TEMÁTICAS

venres, 21 de maio de 2010

E CELEBRAMOS...

Hoxe celebramos a nosa festa das Letras Galegas na Biblioteca. Pandeiretas, teatro de monicreques, teatro lido, cancións, e poemas de Uxío Novoneyra foron as actuacións.
A continuación podedes ver o boletín que xunto coa pegatina repartimos ao rematar.


Tedes un enlace moi interesante no blog MEDRANDO XUNTOS: grazas a Xaime puidemos ver "Viaxe ao Caurel", do programa Planeta Fantasía. Atoparédelo se premedes no enlace anterior.

1 comentario:

  1. Parabéns por esa fermosa celebración nun fermoso Día das Letras.
    Grazas por compartir esa pegatina que tanto nos gustou e que nós tamén entregamos aos asistentes á actividade de Poemas á rúa.
    Apertas dende Fene!!

    ResponderEliminar