Como xa anunciabamos hai uns días, o día 27 xuntámonos na biblioteca a primeira hora da mañá o 2º ciclo e o terceiro. Unha vez máis "Xela volveuse vampira" serviunos para recordar o Día contra a violencia de Xénero.
Despois, na hora do recreo, invitamos a todos os que quixesen acudir á Biblio, a ver o audiovisual "O libro dos porcos". (Grazas á Biblioteca Víctor Sáenz).
E, por último, nos últimos minutiños antes de que rematase o recreo, estivemos vendo o noso blog da Biblio, que sempre está ben comentalo en grupo, ver fotos... Esas cousas que nos gustan!
Quen estivera nesa biblioteca que tan boas lembranzas me trae!!!!! Xa vexo que seguides facendo cousas fantásticas. Unha aperta.
ResponderEliminar