mércores, 8 de marzo de 2023

Instalación 8M

Neste 8M, o profesorado que participa no itinerario de formación permanente de "Filosofía para Nen@s" fíxonos unha proposta sobre unha instalación artística da que puidemos gozar todo o alumnado do cole.

Esta instalación ten como inspiración á muller♀️ e as súas ataduras para vivir ao longo da historia. Así mesmo, quixeron tomar como referentes á artista Chiharu Shiota e á nosa querida Kathrine Switzer 🏃‍♀️💪🏆 permitíndonos reflexionar a través da arte sobre o papel da muller na historia do deporte e ao mesmo tempo, desenvolver as nosas habilidades de pensamento.

Preme nesta imaxe da instalación artística e poderás ver as fotos de todos os grupos que foron pasando por ela.

Neste vídeo podedes ver aos peques de infantil explorar a instalación. Esperemos que o gocedes tanto coma eles. 💜


Ningún comentario: