Hoxe tivo lugar unha charla informativa para o alumnado de 3º a 6º de Primaria sobre o Plan Director para a convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súas contornas.Preme nesta imaxe para acceder a todas as fotos.
Juan José Vila, delegado de participación cidadá da Comisaría de Policía de Ferrol - Narón abordou as mesmas temáticas que coas familias, desde a perspectiva do alumnado, quen participou moi activamente, verbalizando moitas das súas inquedanzas.
Ao igual que coas familias, falaron de:
- Acoso e ciberacoso.
- Ciberseguridade, especialmente no ámbito das redes sociais.
- Protección legal de datos persoais.
- e outras adicións, como as apostas ou vídeoxogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario