TEMÁTICAS

luns, 27 de maio de 2024

Los escribidores de cartas, no Club de Lectura

Hoxe tivemos reunión do Club de Lectura para falar de "Los escribidores de cartas", escrito por Beatriz Osés e que foi gañador do Premio Barco de Vapor no ano 2019.


E, si, si... escoitaches ben. Dixen escribidores. Di a R.A.E. que un escribidor é un "mal escritor"... ou tamén un "escritor prolífico". Calquera destas dúas acepcións encaixan perfectamente cos nosos protagonistas, non credes?

É un libro que se devora a toda velocidade, xa que nos deixa coas ganas de profundizar na historia e nos seus persoanxes, xa que son moitas as historias que nos brindan cada un dos habitantes do pobo de Noaberri. 

Ademais, os nenos teñen unha estupenda relación cos maiores e os maiores con eles. O salto xeneracional diminúese porque teñen como punto en común as cartas, e os sentimentos que son quen de plasmar nelas.

Esta aventura está chea de tenrura e solidariedade e ainda que poñamos en dúbida se os enganos que levan a cabo os nosos protagonistas son correctos ou non. Este libro premítenos establecer un debate sobre se o fin xustifica os medios en torno aos problemas de cada unha das personaxes que aparecen na historia, que nos farán reflexionar, sen moralina.

E claro, esta reunión non podía rematar doutra forma que escribindo cartas

As cartas escritas de puño e letra xa é algo que rara vez se ve. Unha rara avis ao borde da extinción nesta era cada vez máis dixitalizada. Mais a autora, non demoniza os novos tempos, senon que pon de manifesto como a profesión de carteiro - como tantas outras - foi mudando co pasar do tempo.

No libro podemos ver fragmentos das cartas que escriben os nenos e tamén os whatsapps que intecambian entre eles. Unha combinación interesante que nos recorda que escribir e comunicarse sempre será o mesmo, ainda que xa non o fagamos con papel e boli.

A quen irán dirixidas estas cartas? Seredes unha das afortunadas en recibilas? Non tedes curiosidade?

Proximamente, na casa de...

Ningún comentario:

Publicar un comentario