Onte celebramos a segunda reunión do Club de Lectura de Chispa. Durante o mes de Decembro estivemos lendo A Máquina de facer contos, novela de Ricardo Gómez, ilustrada por Emilio Urberuaga.
A novela suscitou diferentes opinións entre os participantes do club, pero deu lugar á introdución e coloquio dun tópico moi actual nestes tempos: A chegada da intelixencia artificial.
Deixamos por aquí o resumo da reunión e un enlace ao xogo para entrenar o ollo ante as imaxes creadas con IA, por se na casa queredes seguir practicando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario