Roald Dahl
Roald Dahl ataca de novo. Naceu o 13 de setembro de 1916 e morreu o 23 de novembro de 1990. Moitos dos seus libros como "As bruxas" ou "Charlie e a fábrica de chocolate", "A marabillosa medicina de George" pertencen xa aos clásicos máis recentes.
Os alumnos de 5º e 6º están devorando "Matilda" na "Hora de Ler". Chegando xa á metade, descubrimos a unha empedernida lectora de libros que nace nunha mediocre familia, que non ten a menor intención de molestarse pola educación da súa filla. E hoxe mesmo comprobamos ata onde pode chegar a malvada directora do colexio, a señorita Trunchbull. Pero estamos seguros de que, a señorita Honey, a profesora de Matilda, será quen de pararlle os pés e conseguirá protexer e axudar á súa alumna máis intelixente.
Quentin Blake naceu en 1932 e foi o ilustrador dos libros infantís e xuvenís de Roald Dahl. No ano 2002 concedéuselle o premio Hans Christian Andersen da ilustración.
E aquí tedes algunhas das ilustracións do que levamos lido... Ata pronto!!!
hola,son unha alumna de sexto.
ResponderEliminarPareceme un libro moi interesante porque ninguén se da conta do intelixente que é Matilda escepto a sua profesora que se queda asombrada cada vez que Matilda lle di todas a tablas de multiplicar ata o doce e máis.
Ler é moi divertido pero se sabes de que vai o conto se non no no é tanto
recomendovos ler moitos libros e en especial"Matilda"
ledeo é moi interesante,fai rir moito cos seus experimentos.
bicosSsSsSsSs
Lucía Dopico Díaz
Hola,son unha alumna de sexto curso.
ResponderEliminarO libro de Matilda pareceme moi bonito,porque ver unha nena coma ela tan lista e tan boa e impesionante.
O que mais me gusta do libro e como Matilda soporta todo o que lle fan.
O que menos me gusta e como a directora do colexio ao q vai Matilda portase tan mal cos nenos e as nenas.
Ah!!! Vos aconsexo leer o libro de -Matilda- e fascinante.
Un saudo
Lidia Luaces Feal.
Saúdos dende Biblioandrade, moi bonitas as ilustracións de Matilda, tamén na nosa biblio é un "libro estrella". Unha aperta de RAIOTECA para CHISPA.
ResponderEliminar