Mañá espérannos moitas actividades na Biblioteca do cole. Haberá poesía e obradoiro de poesía para os máis pequenos; para Infantil. Actividades plásticas, contos rimados para todos, poesía a cargo dos alumnos e alumnas de 1º e de 3º; e teatro a cargo dos outros cursos: é dicir, que segundo, cuarto, quinto e sexto teñen preparada cadansúa obriña. Desde o blog desexámoslles a todos e todas moita sorte. A partir do venres contaremos coa reportaxe gráfica e todos os detalles interesantes. Ata entón saúdos e FELIZ DÍA DO TEATRO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario