TEMÁTICAS

martes, 10 de marzo de 2009

AS FORMAS NA MÚSICA, no Teatro Jofre

As Formas na Música é o título dunha das actividades que Caixanova oferta aos escolares de Ferrol. E alí fomos, desde 3º a 6º.
"¿Que forma ten unha laranxa?, ¿e un televisor?, ¿que forma ten a mesa? Partindo destas preguntas podemos analizar ... ¿E que pasa coa música?...
A música non ocupa espazo; a música ocupa tempo... Para comprendela precisamos o tempo e a memoria"
Escoitamos, aprendendo a importancia do silencio na música; tocamos palmas, cantamos, analizamos estruturas de Tchaikovsky, do Carmina Burana de Carl Orff, de Leroy Anderson... e aprendimos unha canción "improvisada", recordádela?:


"Teño unha moto especial
pois unha roda cadrada ten.
Corre dando saltos, que ben vai;
a miña moto parece un tren."
Aprendemos case sen darnos conta e foi moi divertido; pasámolo fenomenal.
Os que queran repetir mañá, que levanten a man...
Socorrooooooo!


4 comentarios:

  1. hola sí son Nerea de novo e queria dicir que mo paseí moi ben no teatro e tamén era moi divertido
    bicos a todos¡¡¡¡!!!!


    **Nere**

    ResponderEliminar
  2. me encanto la cancion de la moto jaja

    ResponderEliminar
  3. ola chispa,
    gustounos moito esa obra
    foi moi divertida
    como era a cancion...

    Teño una moto
    Brum brum...
    é especial
    brum,brum
    pois unha roda
    cadrada ten

    firmado por os dous albertos de 6º

    moita sorte

    ResponderEliminar
  4. Ola encantounos a canción da moto,
    foi moi gracioso,espero que poidamos disfrutar dunha excursión igual de divertida alguns destes dias.





    Lidia & Nuria

    ResponderEliminar