Estas son algunhas das fotos que o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro nos cedeu para publicar neste blogue. A historia deste centro remóntase aos finais do século XIX, sendo a primeira Escola de Arte e Oficios de Galicia. Entre os seus arquivos atópanse estes vellos recordos da historia das mulleres que naquel entón puideron acceder á educación, o que lles abriría as portas dun mercado laboral duro e incipiente para elas.
O texto de Olga fíxome pensar que sería unha pena desperdiciar tan valiosas imaxes, non credes?
A verdade é que sería unha pena que non as compartírades con nós...Un saúdo dende Cervo
ResponderEliminar