mércores, 11 de novembro de 2009

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS NO CAMIÑO II

Antes de saírmos ao recreo, pasamos pola Biblioteca a ver os libros da exposición e visitar os blogues do cole para "entrenar mentalmente" antes de ir ao patio a xogar.
Deuse lectura ao Manifesto do Día do Peón 2009, e logo, a profe Feli ensinounos algunhas curiosidades.
¿Recordades algunhas das cousas que dixo? Ensinounos os nomes das partes do peón; tamén falou de como están feitos e con que materiais. A mellor madeira para facelos é o buxo, claro!, de aí o outro nome que reciben: buxaina! Tamén nos explicou que normalmente a capa vai pintada de cor vermella; seica trae boa sorte e baila mellor! Ensinounos a enrolar a piola arredor do peón e, por fin, decidimos que a mellor forma de celebrar este día era saíndo a bailalos.

TODOS AO PATIO!


E Feli seguiu explica que te explicarás. Nótase que sabe disto, non si? Logo tivo alumnos e alumnas avantaxados; outros que xa viñan aprendidos dos anos pasados, e algunhas que aínda temos moito que practicar. Haaaa!! Pasámolo moi ben, e sen necesidade de xogar ao fútbol, con perdón dos "practicantes".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Onte celebramos o día do peón.A min gústoume moito.Puxeron vídeos de peóns.A miña profesora Feli
explicounos como se bailaban.Logo baixamos para o patio e bailamos os peóns.Comemos a merenda e fómonos para a casa.
SAÚDOS DE MIRIAM DE 4º