Seguro que nas casas escoitamos moitos relatos dos nosos maiores, de cando eran pequenos, de como xogaban, en que pasaban o tempo, como facían para poder estudar, que comodidades tiñan. Uns máis, outros menos. Isidro aceptou a nosa invitación e preparou unha presentación de imaxes que serviron para completar canto contou. Falounos da súa orixe humilde e de canto tivo que esforzarse para chegar a onde chegou. Transmitíunos a todos e todas, pequenos e grandes tamén, que na vida hai que loitar polo que un cre e hai que esforzarse moitísimo para conseguir aquilo que quere. O de Isidro é un exemplo real e estamos moi agradecidos por querer compartir con nós unha parte importante das súas vivencias.
¡GRAZAS E ATA CANDO QUEIRAS VOLVER!
Ningún comentario:
Publicar un comentario