martes, 10 de maio de 2011

Contacontos: "¿QUEN ME QUERE ADOPTAR?"


Onte, a profe Rosana, contounos "¿Quen me quere adoptar?", de Fina Casalderrey. Non foi casualidade; este é o libro que o noso cole, en primaria, escolleu para SALVAR. É un fermoso libro que supoño que moitos de vós, os bos e boas lectores e lectoras, coñeceredes.
Manuel é un mestre retirado que está só e busca unha familia que o queira adoptar. Igual cá nós, a Manuel gústalle ler, abrir os libros e acariñar as súas páxinas...

A Manuel gustáballe merendar con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro.
¡O libro non o comía! Pero case…
(…)
Cando Manuel abría un libro
convertíao en bolboreta.
Pasaba as follas e agarimaba as súas cores.
(…)
Moitas tardes, Al, Ada, Ainoa e Manuel merendan con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro.
¡O libro non o comen! Pero case…

Ningún comentario: