Grazas a Óscar Fojo, pai da Loaira, na vindeira sesión de Lectura e familias poderemos gozar coa música, pois cantará para nós algunhas das súas cancións en versión acústica. Unha oportunidade para escoitar "De ventos e Lúas" na nosa Biblioteca. Vaia luxazo!!!
Pero non só haberá música, xa que Óscar sorprenderanos con outra das súas paixóns, a creación de briquedos e autómatas de madeira. Non volos podedes perder, porque son marabillosos.
Podédevos anotar desde xa a través do formulario, premendo na imaxe do cartaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario