
Recordades que en outubro apareceu a caixa do correo para escribirlle a Chispa? Pois cada día seguen chegando cartas para ela con peticións de libros e con moitas ilustracións feitas polos nenos e nenas de Infantil e Primaria. Chispa contéstalles a cada un, pero ás veces tarda un pouco porque está moi ocupada. Sabemos, porque nos contan os nenos e nenas, que as cartas aparécenlles enriba da mesa ou da cadeira, e atadas cun laciño. Incluso, ás veces, levan unha pegatina ou algún detalle pequerrecho.
O que máis lle gusta á nosa Meiga é que enviedes esas cartas falando dos libros que estades lendo e dos que vos gustaría que buscase polo seu País dos Libros para enviarnos na súa maleta.
Promete contestar moi axiña a algunhas atrasadas, mentres tanto... LEDE MOITO!!
Pois... un bico salgadiño para Paula que debuxa tan ben.
ResponderEliminarA min, que tamén visito unha biblioteca escolar na que me queren moito, faime mooooooooooooita ilusión que os nenos e nenas me envíen cousiñas.