venres, 27 de xuño de 2008

NOVAS ATRASADAS 2

Continuamos con "HORA DE LER" ata os últimos días de xuño, con este espléndido sol que nos entra polas mañás nas aulas que dan ao leste, ou con ese agradable fresco de verán que invade as que dan ao oeste, cos nervios dos exámenes, os apuros dos ensaios, as ganas de acabar o curso... as VACACIÓNS!



Chispa despediuse de nós cunha cartiña e unhas cantas larpeiradas, prometendo que o vindeiro curso regresará con renovados ánimos. As súas recomendacións de lecturas chegaron no IV Boletín Informativo deste curso, aportando ideas para ler ou agasallar.

Chispa envíalle a Paula Cobo Menéndez, de 2º de Primaria, un bico moi, moi grande, polos dous debuxos tan preciosos que lle enviou.
Paula: le moito no verán e xa nos contarás que tal pasaches as vacacións. Moitas grazas por acordarte de min, espero que sigas debuxando así de ben. Ata a volta, Chispa.


Ningún comentario: