xoves, 12 de xuño de 2025

CLUB DE LECTURA: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 

CLUB DE LECTURA
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta 
Ledicia Costas
Edicións Xerais





O pasado 29 de maio celebramos a derradeira sesión do noso club de lectura. Desta vez, a lectura comentada foi Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas. Unha historia estupenda que mestura doses de historia e fantasía, reivindicando o papel das mulleres ao longo da historia como guardianas dos coñecementos en herboloxía e plantas. 
Despois de comentar un pouco a lectura e degustar por última vez (durante es curso) unha deliciosa bica, subimos ao laboratorio para realizar un divertido collage con flores e as nosas propias nepheas, esas pequenas criaturas do libro que acompañan ás mulleres planta. 
Un tranquilo e bonito peche para este curso compartindo amor polos libros. 







sábado, 8 de marzo de 2025

8M: VI MARATÓN KATHRINE SWITZER no CEIP de Pazos-Mestre García Niebla


Celebramos o 8M conmemorando aquela primeira maratón, no 1967,  na que Kathrine Switzer rompeu coa tradicional e inamovible norma; ela acabou a carreira e con iso, o mudou tamén o papel da muller no deporte.

SE PREMES NA IMAXE SUPERIOR ACCEDERÁS TOOODAS AS FOTOS QUE REBECA (MIRADA DE MADRINA) FIXO ESTA FRÍA MAÑÁ DO 7 DE MARZO NA QUE CELEBRAMOS A VI MARATÓN KATHRINE SWITZER

 

Grazas a todas as familias que vos achegastes.

Agardamos que a esta "maratón" sigan moitas outras, e que con este xesto simbólico sigamos a fomentar a igualdade en todos os campos.

 

sábado, 1 de febreiro de 2025

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ

                                                            AQUÍ máis fotos

Este xoves celebramos o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Entre todos os grupos compuxemos o noso tradicional LIBRO COLECTIVO, no que traballamos sobre catro mulleres que recibiron o Premio Nobel da Paz ou destacaron por defender a paz en distintos momentos da historia. 

Bertha Von Suttner- Autora da novela "Abaixo as armas", foi a primeira muller distinguida co Premio Nobel da Paz no ano 1905.

 


Conchita Piccioto, nada en Vigo no ano 1936, viviu en Washington, onde dende 1981 se manifestou de xeito continuado ante a Casa Blanca no seu "campamento da Paz", contra a guerra e as armas nucleares.

 


Rigoberta Menchú, é unha líder e activista guatemalteca. Gañou o Premio Nobel no ano 1992. É a embaixadora do pobos indíxenas na UNESCO.

 


Wangari Maathai, bióloga, ecoloxista, feminista..., primeira muller africana en gañar o Premio Nobel da Paz. creou o Cinturón verde onde millóns de mulleres se uniron a ela plantando 30 millóns de árbores en Kenia para loitar contra a desertización e buscando un mundo máis sostible. Gañou o Premio Nobel da Paz no ano 2004


 

xoves, 23 de xaneiro de 2025

SAÍDA Á CORUÑA

 
                    Pincha AQUÍ para ver máis fotos

O PASADO LUNS 20 DE XANEIRO TODO O COLE PUXO RUMBO Á CORUÑA. 

DURANTE O MES DE XANEIRO OS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CIDADE DA CORUÑA ABREN AS SÚAS PORTAS AO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS DE FORMA GRATUITA. 

APROVEITANDO A OPORTUNIDADE, O ALUMNADO DE INFANTIL, 1º E 2º REALIZOU UNHA VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE, ONDE APRENDERON SOBRE A BIODIVERSIDADE MARIÑA E AS ESPECIES QUE PODEMOS ATOPAR NAS NOSAS COSTAS GALEGAS. 




 POR OUTRA BANDA, O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, VISITOU A CASA DAS CIENCIAS, PASANDO POLAS DIFERENTES PLANTAS E TAMÉN APROVEITARON O BO TEMPO PARA ALMORZAR E PASEAR POLO PARQUE DE SANTA MARGARITA. 


mércores, 22 de xaneiro de 2025

CANVIVINDO: CA.SA.GA

 

O PASADO VENRES 17 TIVEMOS UNHA VISITA NO CENTRO MOI ESPECIAL. CA.SA.GA. É A UNIDADE CANINA DE RESCATE DE CANS DE SALVAMENTO DE GALICIA. NA BIBLIOTECA, EXPLICÁRONNOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE A SÚA LABOR, E A IMPORTANCIA DO COIDADO E A RESPONSABILIDADE CON ESTES ANIMAIS. DEPOIS, NO PATIO DO COLE ARNOL, THOR E ANCA FIXÉRON UNHA ENTRETIDÍSIMA DEMOSTRACIÓN DO SEU TRABALLO.