Xa vistes que o día 18 visitou a nosa biblio O Apalpador, pero este mes de decembro foi un mes de moitas sorpresas, e as máis ocorrentes foron as de Chispiña, que xa nos ten acostumadas a facer das súas. e estreouse así, tal cal vedes, con tooooodas as botas de auga polo corredor adiante, anda! que non traballou esa noite. E nós veña a colocar todo no seu sitio!!
En fin, fixo máis... puxo luces nas aulas, atou os mandilóns, encadeouse diante da porta do patio, colocou tooodos os ladrillos de EF para facer "un corredor no corredor"!!! Nooon parou, non parou en todo o mes! É probable que volva para o curso que vén porque, a verdade é que o pasamos fenomenal con ela. Haaa, ha, ha, ha, ha!
Tamén houbo tempo para contar contos en Infantil (bueno, iso facémolo todas as mañás), praparar adornos para levar ás casas, ler cada día os "mandados" dun calendario de advento...
Un montón de cousas, e seguiremos contando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario