E xa temos unha nova misión ODS en marcha! Desta volta é a quenda do ODS 9: INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUCTURAS.Estades preparados?
Coma sempre, podedes ver estes vídeos para facervos unha idea xeral sobre este novo desafío. E non vos esquezades de cubrir as vosas carpetas da axencia eco-social que tedes en marcha!
Ti formas parte do cambio. Pásate á acción!
Pequenos xestos poden contribuír a facer un mundo mellor.
E de novo soou o inconfundible Chis, chis, plof, plof... Chis, chis, plof, plof... e a nosa biblioteca encheuse de maxia unha vez máis. Toca xuntarse para dar a benvida aos novos compañeiros e compañeiras e lembrar, unha vez máis, a "Historia dunha meiga" e a guía de usuarios da nosa biblioteca na compaña do caracol Roi.
A partir deste momento queda oficialmente innaugurado o novo curso 2023 / 2024 na nosa Biblioteca! Hurra!!!
Feitas as presentacións, coas maletas chegan as novas MISIÓNS ODS para este curso dentro do noso Proxecto Documental Integrado "espazODS_para_a_concienciACCIÓN".
Este primeiro trimestre traballaremos sobre o ODS 1: FIN DA POBREZA e o ODS 16: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS.
Deixo por aquí estes vídeos para darvos algunhas pistas sobre estes novos ODS cos que seguir avanzando no noso gran proxecto sobre a Axenda 2030.
Este curso convertirémonos en verdadeiros axentes do cambio grazas á AXENCIA ECOSOCIAL de Chispa, para a que teremos que elaborar os nosos propios informes clasificados de alto segredo nos que recolleremos o noso modo de actuación, os recursos empregados, os logros acadados e calquera outra información que consideremos importante en torno a estes novos ODS.
E lembra:
Pequenos xestos poden contribuír a lograr un mundo mellor. E ti, súmaste ao cambio?
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...