Amosando publicacións coa etiqueta Antoon Krings. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antoon Krings. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de marzo de 2018

CONTACONTOS: Rodolfo, petirrojo

https://photos.app.goo.gl/VSCuGUxIoRjJiOmc2
Paula López Mella ofreceunos de novo un conto de Antoon Krings, desta vez, Rodolfo Petirrojo. Contouno onte na hora do recreo e como vedes, despois tivemos unha sesión para decorar os marcadores que lles regalou aos peques que asistiron. Paula, moitas grazas por preparar o material, por contárnolo e facer medrar un pouco máis a nosa BIBLIOTECA! 
ATA A PRÓXIMA!

martes, 5 de decembro de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: DORITA MARIQUITA

PREME NA IMAXES PARA VER O RESTO DAS FOTOS

Novo contacontos na Hora do Recreo. Esta vez contouno Paula López Mella, de 6º. Escolleu outro conto da colección Bichitos Curiosos, do autor francés Antoon Krings: "Dorita Mariquita".
"Dorita era unha bonita xoaniña e a súa nai estaba orgullosa dela porque nunca desobedecía nin mentía. Un día, Dorita foi pousar,  sen se dar conta, no nariz dunha bruxa á que non lle gustaba nada que lle fixesen cóxegas. Converteu a Dorita na máis fea das xoaniñas." Pero o conto non acaba aí, por suposto... Nestes casos sempre hai algunha solución.
O noso agradecemento a Paula por preparar un novo conto para os pequenos, e, QUE SIGAN OS CONTACONTOS!!

xoves, 30 de novembro de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: "RAIMUNDA PULGA"

https://photos.app.goo.gl/pkRXDYV98zYV1z4Q2
https://photos.app.goo.gl/pkRXDYV98zYV1z4Q2
"Raimunda Pulga", un conto de Antoon Krings, que hoxe, na hora do recreo contaron Jatniel, Icía e María na biblio. 
Por certo, MOI BEN CONTADO. FELICITACIÓNS!!

https://photos.app.goo.gl/pkRXDYV98zYV1z4Q2
Se botamos a vista atrás, seguro que recoñecedes a compañeiras maiores, que xa están no instituto, e que nalgún momento escolleron a mesma colección para contar, coma vós, un conto na hora do recreo... A que mola recordalo?
* Sofía Sanjurjo, en febreiro do 2016 contou do mesmo autor, "Luci Luciérnaga"
* Irene Fraguela, Alejandra Casero e Elia Somaza contaron, en novembro de 2014, "Úrsula Libélula"

QUE SIGAN OS CONTACONTOS!!
 
Queredes ver, en francés, un dos capítulos de Antoon Krings da serie de debuxos "DRÔLES DE PETITES BÊTES"?

mércores, 24 de febreiro de 2016

CONTACONTOS "LUCI LUCIÉRNAGA"

Onte, Sofía contou na Hora do recreo, Luci Luciérnaga un libro de Antoon Krings, un escritor,  ilustrador e pintor francés. Se queredes podedes ver un vídeo que ensina o proceso dunha das súas creacións.

Recordo de Sofía para o seu público.

E aquí tedes a sesión en imaxes:
Noraboa Sofía e moitas, 
moitas grazas pola túa colaboración. 
Agardámoste; non nos fagas esperar moito!!

mércores, 19 de novembro de 2014

ÚRSULA LIBÉLULA


Como podedes ver no título, houbo un cambio de última hora. Hoxe adiantouse un conto a outro. ürsula Libélula foi o relato desta mañá na biblio. Mañá tocaralles a Joanna e a Andrea con Scooby Doo e O ladrón de Galletas; a ver se lles dá tempo...
Coa banda sonora da película Amelié e a proxección das imaxe, Irene, Alejandra e Elia contaron Úrsula Libélula. Espero que prestasedes atención porque xa sabedes que sempre hai preguntas que nos poden poñer nun "brete"... ¿Sabedes o que é un "brete"?
Estas son as imaxes da sesión e despois virán as preguntas:
¡NORABOA ALEJANDRA!, ¡NORABOA, ELIA!, ¡NORABOA, IRENE!
Foi un pracer escoitarvos. 
Quedades invitadas para outro momento.
¡GRAZAS!