Amosando publicacións coa etiqueta Disney. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Disney. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de novembro de 2011

RAPUNZEL chega a CINENSINO: "Enredados"

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 2º e o 3º ciclos fomos aos Cines Dúplex e disfrutamos desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.
Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, ¿anímaste a atopalas?



E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:

martes, 9 de marzo de 2010

EL PLANETA DEL TESORO

Dentro das actividades para escolares de Caixanova, hoxe tivemos a oportunidade de asistir a unha sesión de cine no noso benquerido Teatro Jofre. "El Planeta del Tesoro" , de Disney, é o título que seguro que a moitos vos soa.
Segundo nos conta a sinopse toda a galaxia anda á caza do lendario tesouro, "botín dos mil mundos". É unha película de aventuras que nos fala da amizade e do amor polos nosos seres queridos; da xenerosidade, da paciencia... En definitiva todo o que nos resulta tan importante cada día para asegurar a convivencia pacífica entre nós.