Coma todos os anos nesta data xuntámonos na nosa Biblioteca para escoitar fantasmagóricas historias de medo creadas por nós mesmos. Chega o Samaín e os contos de medo, desta volta, en banda deseñada, nunha biblioteca... de meeeeeedoooooo!
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum con máis fotos!
E para mostra un botón, deixámosvos aquí coa historia da Bruxa Piruxa, feito por un dos grupos de Educación Infantil!
É hora de poñerse a tremer, porque xa están aquí os contos de medo... escritos, ilustrados, guionizados e gravados por todo o alumnado do cole. Cómo gozamos con esta celebración na que se misturan feitizos, personaxes escuras e historias arrepiantes!
E ademais forma parte da nosa tradición: Os nosos devanceiros xa contaban ao redor do lume historias que achegan o descoñecido e o misterioso ao noso mundo, no que á luz das candeas no interior das cabazas espantaban o medo, falando del.
Por iso, este venres fixemos un desfile cos nosos calacús acesos ata á biblioteca, e unha vez reunidos á luz das candeas contamos os nosos xa tradicionais contos de medo. Estades preparados????
Comezaron os peques de 3 e 4 anos, que contaron unha increíble historia que durou unha semana enteira e que nos deixou a todos coa boca aberta!
Logo, foi a quenda dos peques de 5 anos, que recrearon unha historia que ben puido suceder no estaleiro de Navantia e que Iago e Loaira contaron para todos e todas á perfección.
Despois, tocoulles aos rebuldeir@s, cos que trememos de medo coa fantástica historia de "O leite poderoso!" en versión audiovisual. Menudos actorazos que temos neste cole!!!
E máis contos de medo dos de 3º... e máis contos de medo dos de 4º... Brrrrrrrrr! Danme arrepíos só de lembrarme....
Para rematar a sesión coa sinistra historia "Samaín tebroso" narrada polos maiores do cole, que tamén recolleron en formato audiovisual.
Pero non rematou aquí o día, senon todo o contrario. Isto acaba de comezar! Preparamos un gran xogo no que participamos todo o cole, en equipos heteroxéneos, como antes da pandemia! Seis estacións con propostas do máis diversas polas que fomos pasando ao longo da mañá, seguindo un itinerario, para pasalo de medo.
(preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo das fotos)
Retratos no croma
(E preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo da Galería de Retratos de Medo)
Colares de zonchos
Manualidades Terroríficas
Xogo de pistas na Biblio
Move o esquelete
e Xogos Populares para o Samaín
Unha mañá moi intensa, pero na que tiñamos aínda moito que celebrar. Porque xa sabedes que sempre aproveitamos o Samaín para celebrar o Magosto. Grazas á colaboración de todas as familias, e especialmente ás familias da nosa ANPA molona puidemos degustar unhas castañas asadas das que demos boa conta no recreo.
Hummmm! Deliciosas!!!
E despois, xogos e fotos... mooooitas fotos.
Que ben o pasamos!
Xa está tardando que pase un ano para voltar a repetilo.
Un ano máis celebramos o Samaín con castañas e cabazas... Chega o outono e con el, os días escuros.
A rapazada fai caveiras coa cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas, que tiñan un grande respecto polos mortos.
Eles xa poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo a quen nos quixera facer mal. Facíano ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos.
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, mais mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Tamén forma parte da nosas tradicións os colares de zonchos, a santa compaña, os doces de cabaza, ... Samaín non é Halloween.
O pasado venres, 29 de outubro organizamos unha intensa xornada chea de actividades. Mantendo sempre os grupos de convivencia estable, fomos cambiando de ubicación para realizar os diferentes obradoiros:
Preme en calquera das fotos para acceder aos albumes completos.
Despois xuntámonos todos no patio, mantendo as distancias iso si, para dar conta das castañas asadas, grazas á colaboración da ANPA e de todas as familias.
Como gozamos coas nosas tradicións. No noso cole, non queremos deixarnos invadir. Celebramos o Samaín, festexamos o noso, poñemos en valor as nosas tradicións.
E un ano máis toca tremer de medo escoitando os nosos contos de medo polo Samaín, nun curso no que a Biblioteca Escolar ten a palabra, e na que a creación audiovisual é un medio de comunicación máis. Na semana da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) non somos só espectadores ante os medios, senón tamén produtores de contido.
Xa sabemos que este ano obriga a mudar costumes, e isto dos grupos de convivencia estable fai que non podamos xuntarnos na Biblioteca para facer a nosa tradicional lectura dos Contos de Medo.
Durante estes días previos ao Samaín estivemos traballando arreo neles, mais desta volta tivemos que pasarnos ao formato audiovisual se queríamos que os nosos compañeiros e compañeiras puideran escoitalos. E velaiquí están os resultados!!!
O conto dos pequesPazos, medo, o que se di medo... non moito, pero podedes ver que aínda que son pequenos teñen moi claro a importancia de axudarse entre eles e cooperar para lograr un obxectivo, ademáis dun grande sentido da xustiza.
Aquí temos o conto de medo d@s Rebuldeir@s, que como veredes teñen moi, pero que moi presente a Chispa e ao seu inseparable amigo, o caracol Roi.
E por suposto, non podían faltar o conto dos Tritóns, que case, case ten formato de longametraxe... Unha historia moi ben fiada, narrada e representada por eles mesmos que non deixará a ninguén indiferente.
Falar do que da medo nos axuda a superalo. E así podemos gozar dunha festa tan nosa como é o Samaín. Agora toca celebrar, e malia que este ano non comeremos castañas, non podemos renunciar ao desfile de cabazas e calacús. Ao longo do día haberá disfraces e algunha sorpresiña con cheiro a candeas... que será???
Prepárate para ver moitísimas fotos. Moitísimas, aviso!!
Este mércores celebramos a tradicional festa do SAMAÍN no colexio. Convén recordar, aínda que a estas alturas xa o sabe case todo o mundo mundial, que o noso SAMAÍN é unha das celebracións máis antigas da nosa cultura, unha festa de orixe celta anterior á chegada do cristianismo ás nosas terras, que logo se convertiría na celebración de Todos os Santos. Chega ás nosas vilas e cidades recuperada, tras longos anos de esquecemento. Algúns quérena disfrazar de HALLOWEEN, converténdoa nunha celebración importada doutros países de fala anglosaxona, sen darse conta de que a raíz da mesma, o inicio é o SAMAÍN.
No cole é tradición elaborar un LIBRO DE CONTOS DE MEDO. E aquí tedes as imaxes da celebración e da lectura dos contos de cada clase. Ademais este curso tivemos a colaboración do "CHEPUDO DE NOTRE DAME", que accedeu a contarnos a súa historia* para dar comezo á nosa especial celebración.
*Se cadra vos interese saber que este conto sae da obra literaria de Víctor Hugo, un poeta, dramaturgo e novelista do século XIX, "A nosa Señora de París" (Publicada no ano 1831)
NORABOA A TODAS E TODOS! COMA SEMPRE, UNS CONTOS MOI ELABORADOS!
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...