Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración escola-familia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración escola-familia. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xuño de 2024

Pechando o curso con xogos populares e máis.

Dende a ANPA envíannos este vídeo. Hoxe foi un deses días intensos nos que de novo a comunidade escolar se xuntou para pasar unha mañá chea de emocións, primeiro unha impresionante exposición do proceso creativo da obra da Compañía LoVeznos, despois, a estrea da obra de teatro na A.VV. de Pazos, logo os Xogos Populares agasallados pola ANPA e ademais, tooodo o que alí había de larpeiradas para comer.


Dende o centro dámosvos as grazas ás nais e aos pais que estades aí sempre, apoiando e traballando para facer do noso colexio un mellor lugar. Grazas polo recoñecemento, polos ánimos e polas palabras de agarimo que recibimos onte as/os profes. Sabede que é recíproco e que valoramos e apreciamos as vosas mostras de cariño.  

martes, 4 de xuño de 2024

Estas familias bótanlle moito teatro!

Grazas a unha actividade de teatroactividade de teatro lido desenvolta o curso pasado no Lectura e familias conducida por Manel Dopico, pai de Manu e Aroa, xurdiu a inquedanza de organizarse e crear a primeira compañía de teatro de familias do cole de Pazos:


Ao longo de todo o curso reuníronse os martes pola tarde para ensaiar: aprender guións, preparar a escenografía, o atrezzo...  Xa veremos se non lle sairía unha ruda competencia á compañía LoVeznos!

Están a traballar sobre unha obra de Fernando González Graña, “O máxico e tolo Camiño de Compostela”, de Edicións Fervenza e teñen prevista a súa estrea o vindeiro venres 14 de xuño no local social da Asociación de veciños de Pazos.


De seguro que será un exitazo! 
Parabéns familias!

domingo, 13 de xuño de 2021

Produtos da horta: chícharos e leitugas para os peques do cole.

E chegou o tempo de colleitar algúns dos froitos da nosa horta. Esta semana os peques deron conta dos rabaniños, dos chícharos e das leitugas que con tanto mimo plantaron. Moitos coidados e moita auguiña fresca ao longo destas semanas dunha morea de mans pequenas dispostas en todo momento a traballar.

Aquí os tedes en acción o día que apañaron e debullaron os chícharos da horta. 100% ecolóxicos 😋😋😋 Un traballo excelente para a motricidade fina destes pequenos labregos.



E tamén apañamos as leitugas! Vaia pinta tan boa que tiñan e que lindas as cariñas de felicidade dos peques con elas.


(preme nesta foto para acceder ao album completo)

E como non podía ser doutro xeito, esta fin de semana tocou ensaladas variadas e guarnición de chícharos. Ñam, ñam! Que marabilla cando escola e familia colaboran para crear hábitos de alimentación saudable, verdade?






Bo proveito!