Recén saidiños do forno; aínda mornos, "Sopra neste furadiño..." e "Vestida co arco da vella" pousan e repousan xa nas mans de Chispa. Hai escasas tres horas foi a presentación na Galería Sargadelos. Antón Cortizas, xunto aos ilustradores Leandro Lamas e Spela Trobec, contou a longa historia de cada un deses libros; desde que naceron da súa man nun papel, hai xa dez ou quince anos, ata atopar unha xanela aberta para poder facer realidade a súa coidada publicación en Edicións Embora. NORABOA AOS TRES POLO RESULTADO. SON UNHA PRECIOSIDADE.
E UN BICO AGARIMOSO PARA ANTÓN. GRAZAS POR COMPARTILOS CON NÓS.
