Amosando publicacións coa etiqueta Camiño de Santiago. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Camiño de Santiago. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de decembro de 2023

IV Festival Escolar do Camiño Inglés

Os días 13, 14 e 15 de decembro, o noso alumnado de Primaria desprazouse ata o Porto de Ferrol, xunto outros escolares da comarca, onde tivo lugar o IV Festival Escolar do Camiño Inglés, promovido pola FEANPA de Ferrolterra.

Alí puideron gozar co espectáculo Teatro do Camiño Inglés, que a través da luz, o son, o teatro, a mímica e a maxia, fai un percorrido polos principais recursos turísticos, materiais e inmateriais de Ferrol: patrimonio cultural e natural, artesanía, costumes, gastronomía, festas de interese, etc.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum coas fotografías destes días.

Tralo espectáculo, percorreron un tramo do Camiño Inglés: a Primeira Milla, entre o Peirao de Curuxeiras e a Ermida das Angustias, contou cuns peregríns moi especiais que, en lugares concretos do trazado, contáronnos unha bonita historia relacionada co Camiño.






Pasámolo xenial e aprendimos un montón sobre a nosa cidade!