Amosando publicacións coa etiqueta Tren. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tren. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de abril de 2013

EXPOSICIÓN CENTENARIO FERROCARRIL BETANZOS - FERROL

Como vos contabamos onte, esta mañá fixemos dúas visitas á Fundación Nova Caixa Galicia para ver unha exposición sobre o Centenario do Ferrocarril Betanzos - Ferrol.
Organizaron varias actividades para dar a coñecer este apaixonante mundo. Fixámonos nalgunhas das pezas que formaban a exposición e descubrimos a súa función. Os pequenos tiveron un obradoiro onde confeccionaron un tren unindo os vagóns que veredes a continuación. Os maiores xogaron a adiviñar utilidades dos aparatos e a inventar historias relacionadas.
Primeiro realizaron a visita os máis pequenos, Infantil e 1º de Primaria:
Despois, fomos os maiores:
E agora podedes ver algúns vídeos para grandes e peques: información sobre os trenes a vapor, cancións, trenes moi rápidos, trenes máis rápidos. Invítovos a pasar:

luns, 29 de abril de 2013

AÍ VÉN CHU-CU-CHÚ, AÍ VÉN CHU-CU-CHÚ, AÍ VÉN O TREN POLA VÍA




Hai un tempo dabamos a noticia no blog "Coñecendo Ferrol"de que o vindeiro 5 de maio se celebraría o CENTENARIO DO FERROCARRIL FERROL-BETANZOS . Pincha na imaxe para acceder a máis información.
Os dous libros do principio sérvennos para encadrar a visita que mañá faremos á Fundación Caixa Galicia para ver unha exposición sobre este evento.
E esta vella canción que moitos recordamos de Andrés Dobarro, "O TREN" non podería faltar no recordo se falamos de trenes.