Amosando publicacións coa etiqueta AMI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMI. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de outubro de 2021

Xa están aquí os contos de medo.... Uuuuuuuh!!!!

E un ano máis toca tremer de medo escoitando os nosos contos de medo polo Samaín, nun curso no que a Biblioteca Escolar ten a palabra, e na que a creación audiovisual é un medio de comunicación máis. Na semana da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) non somos só espectadores ante os medios, senón tamén produtores de contido.

Aquí vos deixamos coas nosas produccións: 

os nosos Contos de Medo para o Samaín.

Como gozamos cos contos de medo!!! 

Uuuuuuuh!!! 

xoves, 28 de outubro de 2021

E así foi a Semana da AMI na Biblioteca

Xa que non puidemos xuntarnos para celebrar o Día das Bibliotecas, decidimos que cada grupo tería unha xornada completa para gozar da nosa Biblio, con actividades relacionadas coa Alfabetización Mediática e Informacional. 

Así, cada grupo realizou diferentes actividades axeitadas ao seu nivel competencial, fornecéndolles de estratexias no canto da formación de usuarios, o emprego de múltiples linguaxes e a creación de contidos.

Deixámosvos algunha foto, que da acceso a cada un dos obradoiros realizados para cada grupo. 

- MAIORES -
Realizaron unha proposta gamificada de formación de usuarios en torno a unha colección de contos clásicos de medo.

- MEDIANOS -

Realizaron un obradoiro de deseño gráfico, outro de scratch e unha actividade de creación de contos.


- REBULDEIROS -

Realizaron un rotatorio de actividades nas que traballaron con diferentes linguaxes para a creación de contido.


-PEQUES -

Realizaron tamén un rotatorio por diferentes estacións multilinguaxe, nas que puideron explorar diferentes materiais para a elaboración de contido.


Que vivan as Bibliotecas! Que vivan as Bibliotecas Escolares!

pero sobre todo...

Que viva a Biblio Xoán Farias!!!!