xoves, 28 de outubro de 2021

E así foi a Semana da AMI na Biblioteca

Xa que non puidemos xuntarnos para celebrar o Día das Bibliotecas, decidimos que cada grupo tería unha xornada completa para gozar da nosa Biblio, con actividades relacionadas coa Alfabetización Mediática e Informacional

Así, cada grupo realizou diferentes actividades axeitadas ao seu nivel competencial, fornecéndolles de estratexias no canto da formación de usuarios, o emprego de múltiples linguaxes e a creación de contidos.

Deixámosvos algunha foto, que da acceso a cada un dos obradoiros realizados para cada grupo. 

- MAIORES -
Realizaron unha proposta gamificada de formación de usuarios en torno a unha colección de contos clásicos de medo.

- MEDIANOS -

Realizaron un obradoiro de deseño gráfico, outro de scratch e unha actividade de creación de contos.


- REBULDEIROS -

Realizaron un rotatorio de actividades nas que traballaron con diferentes linguaxes para a creación de contido.


-PEQUES -

Realizaron tamén un rotatorio por diferentes estacións multilinguaxe, nas que puideron explorar diferentes materiais para a elaboración de contido.


Que vivan as Bibliotecas! Que vivan as Bibliotecas Escolares!

pero sobre todo...

Que viva a Biblio Xoán Farias!!!!

Ningún comentario: