Amosando publicacións coa etiqueta Areas do Mar de Ares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Areas do Mar de Ares. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de maio de 2019

AREAS DO MAR DE ARES

https://photos.app.goo.gl/SFWYjFmMdJXSHqYMA
O de antonte resultou ser un día moi completo. Logo dos obradoiros con Leandro Lamas, invitamos ás familias, e con elas gozamos da compañia do grupo de baile tradicional galego, Areas do Mar de Ares. 
Foi un pracer velos, escoitalos e compartir con eles a música e os bailes. Agradecémoslles á profe Rosa e ao resto do grupo a súa xenerosidade, e contamos con eles sempre que  queiran repetir experiencia no noso cole. Damos fe de que a mañá de onte non a van esquecer con facilidade, e é que olvidamos encargar un "aire acondicionado para exteriores" ; )  Sentímolo!!
MOITAS GRAZAS E ATA SEMPRE

venres, 25 de maio de 2018

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CON "AREAS DO MAR DE ARES"

https://photos.app.goo.gl/wYM1vdtbrcfezN2d6
Esta mañá tivemos unha visita que agradecemos moito. "Areas do mar de Ares" estivo con nós, invitados pola profe Rosa, unha das súas integrantes, para rematar o mes de maio festexando AS LETRAS GALEGAS.
Fomos afortunados de telos entre nós xa que nos fixeron pasar un pedazo de tempo moi agradable como veredes nas imaxes se premedes nesta de arriba. Bailamos e cantamos con eles. Pasámolo moi, moi ben.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA XENEROSIDADE AO  COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS E
ATA SEMPRE!
E GRAZAS, PROFE ROSA,
POR DESCUBRÍNOLOS!
ATA LUNS! ; )