Amosando publicacións coa etiqueta VIII Edición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIII Edición. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

Entrega de premios da VIII edición de MatesPazos e Recre-Retos

Como xa é tradición, o último día de cole aproveitamos para facer entrega dos premios de MatesPazos, aos que este ano temos que sumarlle os premios dos recre-retos de Chispa. Así que nesta fin de curso houbo premios por partida dobre. 

Para os participantes da nosa olimpíada matemática particular en forma de retos ODS, a esperada mochila - este ano de cor AZUL - e para os gañadores... Un xogo de mesa co que compartir as tardes de verán, na praia, no camping, na piscina ou onde a eles se lles ocorra.


Darío

Enzo e Silvia

Siney

Jimena, Celine, Diego, Elías e Alisson

Bravo por eles e bravo por elas!!!

E despois dos premios de MatesPazos, tocou facer entrega do premio dos recre-retos de Chispa. A verdade é que a idea era premiar con algo especial aos que se esforzaran por participar nos retos do recreo, pero foi tal o éxito desta proposta que non puidemos facer máis que premiarvos a todos e todas cunha botella reutilizable - xa sabedes, imos cos ODS a tope #ODS13 - e así levala a todas partes este verán e presumir de cole. Molona, verdade???

E así, estes agasallos servirán para lembrarnos durante o verán de todo o vivido neste intenso curso no que os ODS tiveron o total protagonismo.
#espazODSparaaconcienciACCIÓN

luns, 20 de xuño de 2022

Elas e eles son os gañadores da VIII edición de MatesPazos

Extra, extra!!! Xa sabemos quenes foron os gañadores desta edición tan especial de MatesPazODS, na que os ODS foron tan importantes. E xa vedes que a nosa olimpíada matemática estivo moi reñida, tanto que ninguén quixo perder nin un so punto, polo que no grupo dos maiores tivemos un quíntuple empate!!!
Así da gusto. Mañá haberá premios para todos e todas: gañadores e participantes. Bravo por elas e eles e que vivan os MatesPazODS!!!

xoves, 16 de xuño de 2022

Último MatesPaz-ODS da tempada! #DÍA8: ODS 14, VIDA SUBMARINA

E rematamos co ODS 14: VIDA SUBMARINA. Lembra que, se tes dúbidas, mañá aínda podes botar a túa papeleta na furna. E lembra poñer o teu nome, eh??? Vamos, a polo último desafío!



#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

O luns saberemos quen gañou esta VIII edición de MatesPaz-ODS.
Serás ti?

mércores, 15 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA7: ODS 15: VIDA DOS ECOSISTEMAS TERRESTRES

Veña que isto xa está a piques de rematar. Non deixes de participar. Hoxe tócanos un desfío sobre o ODS 15: VIDA DOS ECOSISTEMAS TERRESTRES. 




#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

martes, 14 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA6: ODS 13, ACCIÓN POLO CLIMA

Aínda non está todo decidido. Non deixes de participar. Imos a polo reto do ODS 13: ACCIÓN POLO CLIMA.


#espazODSparaaconcienciACCIÓN

luns, 13 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA5: ODS 12, PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE

 Arranca a segunda semana de retos matemáticos. Cómo ides? Hoxe tócanos pensar sobre o ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

venres, 10 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA4: ODS 4, EDUCACIÓN DE CALIDADE

 Xa levamos unha semana de retos! Hoxe tócanos o desafío sobre o ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE.


#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

xoves, 9 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: #DÍA3: ODS 2, FAME CERO

 E o reto de hoxe é sobre o ODS 2: FAME CERO. Seguimos!


#espazODSparaaconcienciACCIÓN

mércores, 8 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS. #DÍA2: ODS 10, REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES

 Hoxe o reto vai sobre o ODS 10: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

martes, 7 de xuño de 2022

Comeza MatesPaz-ODS: #DÍA1: ODS 3, SAÚDE E BENESTAR

Comeza a nosa olimpíada matemática relacionada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Hoxe o reto vai sobre o ODS 3: SAÚDE E BENESTAR. 


Lembra poñer o nome na túa papeleta antes de botala!

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

venres, 3 de xuño de 2022

MatesPaz-ODS: A nosa olimpíada matemática sobre os ODS

Chega xuño e comeza un ano máis a nosa particular olimpíada matemática, que desta volta non podía ser doutra forma que sobre a axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. E xa imos pola VIII edición! Este martes comeza... 

MATESPAZ - ODS