Amosando publicacións coa etiqueta Poemas para a Coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poemas para a Coeducación. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de novembro de 2008

POEMAS PARA A COEDUCACIÓN V - Os poemas de 4º

Este é o fado Avelino,
quere ser fado padriño
e facer os sonos posibles.
É un fado moi sensible!

Famoso pola súa tenrura,
fálache con moita dozura.
Ten o corazón moi blando
e chora de vez en cando.


POEMAS PARA A COEDUCACIÓN IV - Os poemas de 3º

Os alumnos e alumnas de 3º traballaron todos os poemas,
A bruxa Maruxa, que se quere convertir en camioneira,
O fado Avelino, que quere ser un fado padriño,
A vampira Inés, que levanta un chalet,
e a momia, que é Presidenta do Goberno...

POEMAS PARA A COEDUCACIÓN III - Os poemas de 2º

O bruxo Edelmiro
é moi facendoso:
fíxolle un vestido,
a mar de gracioso…

…de tea de araña
á súa irmá a bruxa.
!No o hai con máis maña
dándolle á agulla!


POEMAS PARA A COEDUCACIÓN II - Os poemas de 1º

A bruxa Maruxa espera
convertirse en camioneira:
ter un camión violeta
e percorrer o planeta.

Levar, movendo o volante,
unha vida emocionante.
Coñecer a moita xente
e sitios moi diferentes.


POEMAS PARA A COEDUCACIÓN I - Os poemas de Infantil

A vampira Inés,
con casco amarelo,
levanta un chalet
con ladrillos e esmero.

Desde o mes de abril
ten un novo oficio:
peón albanelnun edificio.