Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de maio de 2024

Preparando os Maios

Hoxe, desde ben cedo, estivemos moi atarefadas colocando fiuncho, xestas, flores silvestres, laranxas e limóns para facer os nosos maios, recuperando así a tradición de festexar o inicio da primavera a través da exaltación da natureza.

Grazas ás nosas familias que colaboraron traendo herbas e flores, enchendo de olores e de cores a escola desde primeira hora da mañá. Mágoa que o día non axudou moito e tivemos que facelo no interior.






E para os que non puidestes velos, así de fermosos quedaron!  


Xa estamos preparados para celebrar o maio!

venres, 19 de maio de 2023

Celebramos os Maios

O xoves, despois da sesión de contacontos sobre Francisco Fernández del Riego con Trémola Teatro, aproveitamos para confeccionar os nosos maios co verde, as flores e os froitos que nenos e nenas achegaron ata o cole e cos que colaborastes as familias. Pasámolo xenial facéndoos e aprendimos un montón de nomes sobre as plantas que formaron parte dos nosos maios.

Nesta primeira foto, tes o enlace para ver como fixemos os nosos Maios.






Ao día seguinte celebramos os Maios e a chegada da primavera, cunha foliada grazas a Irati, nai de Itsaso e Eume, que trouxo a uns amigos e amigas para tocar e bailar con nós ao redor dos maios. E como boa foliada, arrimouse o profe Fran a tocar con eles a pandeireta. 

Preme nesta foto para acceder ao álbum da celebración dos Maios.

Houbo algunha espontánea máis, pero tivo un chisco de vergoña á hora de arrimarse aos músicos, pero repenica e risca na pandeireta que da gusto oila. Bravo Loaira!


Que ben o pasamos bailando en torno aos maios. Compartimos esta xornada festiva coas familias que puideron achegarse ata o colexio, que bailaron xunto a nós nesta festa tradicional.






E rematamos cunha superfoto de grupo!


Que viva a festa dos Maios 
e que viva o Cole de Pazos!

martes, 21 de xuño de 2022

Xogos tradicionais e merendola grazas á nosa ANPA molona

Que ben o pasamos hoxe!!! Gozamos dunha mañá de xogos tradicionais organizada pola ANPA do noso cole á que puideron sumarse as familias que se achegaron ata a escola. Unha fantástica xornada na que enredar cunha chea de brinquedos tradicionais que puxeron a proba as nosas habilidades.




Damos as grazas especialmente a Olaia, Pipi, Andrea, Rebeca, Laura, Lorena, Noelia, Eva e Tita que viñeron para poñernos unha merendola para todos. Que rico estaba todo, ñam, ñam...


E grazas tamén a todas as familias que pasastes pola escola para compartir un ratiño con nós! 

E por aquí vos deixamos un vídeo resumo do día de hoxe, editado pola ANPA.


Mañá toca despedirse ata o curso que vén!

venres, 1 de marzo de 2019

VIVA O ENTROIDO!!

https://photos.app.goo.gl/Fohz5vBtjR2muFmU6
https://photos.app.goo.gl/5LPaoLEsPB33cfR27
PREME tamén nesta IMAXE se queres ver MÁIS FOTOS de REBECA DEL RÍO.  GRAZAS, REBECA!
Con Grease como tema do Entroido fixemos o pasarrúas pola nosa contorna esta soleada mañá. A comparsa dos pequenos e pequenas interpretou, xa no cole, moitas das cantigas deste musical e logo dunha pequena sesión de fotos tocou endozar o momento con rosquillas e doces cos que nos agasallou a nosa ANPA.
Por último, os nenos e nenas de 5º e 6º leron o TESTAMENTO DO MECO e prendémoslle lume para darlle remate ao noso ENTROIDO  escolar. Agora tocan cinco días de lecer, aproveitádeos, que dentro de pouco hai que volver ás aulas.
Para todos aqueles que vos queirades achegar, sabede que moitos dos pequenos, acompañados das súas familias e algunhas profes, tamén participarán nas COMPARSAS de Ferrol o vindeiro luns. 
FELIZ ENTROIDO!!