xoves, 18 de maio de 2023

Unha nova galaxia, con Trémola Teatro

 

Nesta foto tes o acceso ao álbum completo.

E para celebrar as nosas Letras Galegas, hoxe tivemos a sorte de contar con Paula de Trémola Teatro, que achegouse ata a nosa Biblioteca para contarnos un montón de cousas sobre a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado neste 17 de maio, a través dunha participativa obra de teatro que leva por título "Unha nova galaxia"

É que Paco quería cambiar o mundo aínda que non sabía como. Por iso, todas as noites falaba coas estrelas para pedirlles axuda. Non importaba se estaba só ou lonxe da casa, porque elas sempre o acompañaban.

Cando na ditadura as cousas comezaron a complicarse, Paco miraba as estrelas e soubo que era o momento de comezar unha loita silenciosa a través das letras.

A verdade é que foi unha sesión moi participativa, o que fixo que non perdéramos detalle da biografía de Francisco Fernández del Riego.












Pasámolo en grande. Que vivan as Letras Galegas!

E que veñan mil primaveras máis para a nosa lingua!!!

Ningún comentario: