Amosando publicacións coa etiqueta Canvivindo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Canvivindo. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xaneiro de 2025

CANVIVINDO: CA.SA.GA

 

O PASADO VENRES 17 TIVEMOS UNHA VISITA NO CENTRO MOI ESPECIAL. CA.SA.GA. É A UNIDADE CANINA DE RESCATE DE CANS DE SALVAMENTO DE GALICIA. NA BIBLIOTECA, EXPLICÁRONNOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE A SÚA LABOR, E A IMPORTANCIA DO COIDADO E A RESPONSABILIDADE CON ESTES ANIMAIS. DEPOIS, NO PATIO DO COLE ARNOL, THOR E ANCA FIXÉRON UNHA ENTRETIDÍSIMA DEMOSTRACIÓN DO SEU TRABALLO. 
 

 

domingo, 17 de xuño de 2018

PREMIOS CANVIVINDO - Concello de Ferrol

https://photos.app.goo.gl/2JqzCdjeR6x3fiS59

Este sábado ás 12 da mañá tivo lugar, no Centro Cultural Torrente Ballester, a entrega de premios da Segunda edición do concurso de debuxo,  CANVIVINDO, que trata de poñer en valor a responsabilidade dos humanos cara aos animais: o seu coidado e protección, ao tempo que serve de apoio para o coñecemento da Ordenanza Municipal. CANVIVINDO completa a iniciativa do concurso, como xa recordaredes, coa visita aos centros participantes de CASAGA.
Dende a Biblio queremoS felicitar a Paula López Mella, Iria Aullón Pérez, Gaia Somaza Nieto, e tamén a Martín Tominaga Otero e Laura Bra Piñeiro, que, aínda que non aparecen nas fotos tamén foron seleccionados e mañá poderán recoller o diploma e o seu premio no colexio.
NORABOA AOS CINCO
 POR ESTE MERECIDO RECOÑECEMENTO!

martes, 5 de xuño de 2018

VISITA DE CASAGA

https://photos.app.goo.gl/BwitpDR4y2qAjPvz2
Coincidindo co DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, recibimos a visita de CASAGA, grazas á nosa participación na Segunda Edición do concurso de debuxo "CANVIVINDO"
E xa temos finalistas; acabamos de recibir un comunicado e podemos anunciar que Laura Bra Piñeiro, Iria Aullón Pérez, Martín Tominaga Otero, Gaia Somaza Nieto, de 5º de primaria;  e Paula López Mella, de 6º resultaron finalistas, polo que están convidadeos a recoller o seu diploma e agasallo o vindeiro sábado 16 de xuño ás 12.00h no Centro Cultural Torrente Ballester.
NORABOA AOS CINCO E 
A SEGUIR TRABALLANDO ASÍ DE BEN!

luns, 12 de xuño de 2017

PREMIOS "CANVIVINDO"

Abraham, Borja, Sofía e Irene diante dos seus traballos
Este ano o Concello de Ferrol, a través da Concellaría de Benestar Animal convocou o I Concurso de debuxo "Canvivindo", no que participamos. Abraham, Borja, Sofía, Irene e Andrea quedaron finalistas, e este pasado sábado recolleron un diploma e sendos libros nun acto que se celebrou no Centro Cultural Torrente Ballester, de Ferrol.
O concurso tiña coma obxectivo fomentar o coñecemento da Ordenanza municipal de protección dos animais e convivencia responsable para a poboación máis nova. A temática era a convivencia entre animais e o rexeitamento do maltrato animal.

 NORABOA A TODOS POLA VOSA IMPLICACIÓN E 
OS VOSOS TRABALLOS!