Nas aulas de PequesPazoS e Rebuldeir@s tivemos a visita de Irati, a nai de Eume e Itsaso. Compartiu cos peques algúns segredos da súa profesión, explicándolles algún momentos do seu día a día.
Foi unha mañá dinámica e moi aproveitada na que aprenderon a facer vendaxes, a escoitar co fonendoscopio, a coller o "sangue" cunha xeringa e botala nos tubos que se utilizan para as analíticas...
Mmmmmm, isto haberá que repetilo!!!! Irati, podes volver cando queiras que penso que xa estás "fichada" para esta e moitas outras actividades.
Os peques do cole estiveron estas semanas traballando arreo coas ferramentas MAKEDO xa que decidiron participar no Concurso de Ideas da Semana de Educación Vial organizado polo Concello de Ferrol con dous superproxectos:
Un sinal luminoso de paso de peóns,
E un paso de peóns seguro
moitivados pola falta de sinalización tanto vertical como horizontal na nosa escola. Porque xa sabemos que nós non damos puntada sen fío e á hora de demandar os nosos dereitos como cidadáns somos expertos.
Porque o alumnado do rural ten os mesmos dereitos que o do centro da cidade, non podemos quedar calados! E así fixémosllo saber.
Preme nesta imaxe para ver máis fotos!
Se queres ver polo miúdo os nosos proxectos, non te perdas estas presentacións tan molonas que levamos á feira para axudarnos a contarlles a todos cómo foi o proceso de creación destes trebellos.
Déronnos un diploma, unha medalla e unha camisola para as medras - todo hai que dicilo! - e marchamos de volta ao cole satisfeitos polo traballo ben feito.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo de fotos.
Hoxe foi un día xenial na nosa Biblio, xa que estes peques de 5 anos contáronlle aos seus compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos o conto "O monstro de cores".
A verdade é que o cóntano de marabilla, porque levan traballando con el un montón de tempo no "Obradoiro de contos" coa profe Cris. E para rematar todo este gran traballo que levan feito, quixeron compartir cos seus compañeiros este momentazo na Biblio.
Pero é que ademais de escoitar o conto, estiveron á procura dos monstros de cores que andaban agochados pola biblio e tamén xogaron a identificar as distintas emocións, porque como xa sabedes, as emocións revoltas non funcionan nada ben e por iso é tan importante identificalas.
Bravo por estes peques! e grazas á profe Cris por todo este traballazo.
Hoxe os peques do cole que asistiron á actividade extraescolar de Teatro, promovida polo Concello de Ferrol, representaron para as súas familias unha linda versión de "A ratiña presumida". Fixéronno xenial e divertiron moito ao público que aplaudiulles incondicionalmente. Cánto talento temos neste cole. Bravo por estes pequenos!!!
Podedes ver algunha fotiño máis premendo na imaxe de arriba.
Un ano máis o noso alumnado resultou premiado no Certame "Poesía e Imaxe. En galego, sen filtro", organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.
O equipo morado dos pequesPazos - Isabel, Sofía, Tiago e Elisa - concedéronlle o primeiro premio da súa categoría pola interpretación do poema en lingua galega:
"e porque chove os habitantes do poema teñen que abrir os seus paraugas."
- CHUS PATO -
Pola súa parte, @s rebuldeir@s de Pazos tamén acadaron o primeiro premio na categoría audiovisual coa súa fermosísima interpretación do poema:
"Se me quixeres quéreme enteira
Non por zonas de luz ou sombra.
Se me quixeres, quéreme negra e branca,
e gris, e verde, e loura e morena.
Quéreme día, quéreme noite
e madrugada de xanela aberta.
Se me quixeres non me recortes,
Quéreme toda... ou non me queiras."
- DULCE MARÍA LOYNAZ -
Marabilloso!
E por aquí vos deixamos aos premiados recollendo o premio na tarde do venres no Centro Cívico de Canido. Parabéns polo vosos traballos e pola vosa creatividade.
Agradecerlle tamén a Pablo Prados, pai de Elisa Brozos as fotos que tirou e que poderedes ver se accededes ao álbum completo, premendo en calquera das imaxes a continuación.
Bravo por elas e eles. Cánto talento temos neste cole!
Que viva a poesía e que viva a nosa lingua. Por mil primaveras máis!
A arte é unha forma de sentir a vida. Ao sensibilizarse ante o mundo, os nenos e as nenas tórnanse en mellores seres humanos sen darse conta polo simple feito de permitirse expresar o seu mundo interior dunha forma que ademáis estimúlalles a crear, aprender e innovar.
A arte potencia as capacidades das crianzas, pero tamén estimula os vínculos afectivos a través das experiencias compartidas grazas aos debuxos, a plastilina, a pintura e incluso o baile.
A nosa selección para hoxe xira en torno a oito artistas, cunha proposta creativa diferente para cada un deles, acompañados de libros pop up e outras lecturas para explorar os universos artísticos destas personaxes: Frida Kahlo, Alexander Calder, Piet Mondrian, Sonia Delaunay, Henri Matisse, Yayoi Kusama, Joán Miró e Pablo Picasso.
Comezamos a sesión coa proxección dun vídeo conto ao que lle puxemos voz: "O día que Pigasso coñeceu a Muutisse", de Nina Landen.
Despois continuamos na biblioteca pasando polas diferentes estacións nas que puideron deixar voar a súa creatividade: acuarelas e cancións para Delaunay, pintura muralista para Mondrian, unha xoguetona bolboreta para Frida Kahlo, unhas tarxetas pop up para Calder, técnica puntillista para Kusama, modelado para Miró, construcción dunha guitarra para Picasso e collage para Matisse.
E aí tivemos unha chea de familias entregadas a explorar e experimentar diferentes técnicas e posibilidades plásticas que fixeron da tarde unha marabilla.
Querédelas velas en acción? Pois aí van unhas cantas fotos.
Como estamos a traballar co ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE dentro do noso PDI #espazODSparaaconcienciACCIÓN decidimos que unha boa forma de contribuir a este obxectivo é cultivar os nosos propios alimentos. Así que mans a obra!
Aquí podedes ver aos máis pequenos do cole traballando arreo para por a punto os bancais. Toca preparar a horta para para poder cultivar a nosa comida. Que plantaremos? Chícharos, amorodos, leitugas, tomates, pementos... Todo rico, rico e ademáis 100% ecolóxico.
Como unha imaxe di moito máis que mil palabras e nós estamos tan emocionadas que pouco podemos dicir... deixámosvos coas fotos que falan por si mesmas.
(se premes nas imaxes, accedes ao álbum completo)
E como sempre, darlle as grazas a Rebeca del Río, de Mirada de Madrina, que cando ven polo cole coa cámara fai maxia; e tamén grazas ás familias pola súa participación e a implicación nesta emocionante proposta de luces e sombras: unha sesión chea de recursos cos que explorar a lectura a través do asombro e para que a lectura poida traspasar os marcos dos libros.
Agardamos que gozárades tanto coma nós. Isto acaba de comezar!
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...