xoves, 3 de marzo de 2022

Un novo lectura e familias para os pequesPazos, con moita arte.

A arte é unha forma de sentir a vida. Ao sensibilizarse ante o mundo, os nenos e as nenas tórnanse en mellores seres humanos sen darse conta polo simple feito de permitirse expresar o seu mundo interior dunha forma que ademáis estimúlalles a crear, aprender e innovar.

A arte potencia as capacidades das crianzas, pero tamén estimula os vínculos afectivos a través das experiencias compartidas grazas aos debuxos, a plastilina, a pintura e incluso o baile.


A nosa selección para hoxe xira en torno a oito artistas, cunha proposta creativa diferente para cada un deles, acompañados de libros pop up e outras lecturas para explorar os universos artísticos destas personaxes: Frida Kahlo, Alexander Calder, Piet Mondrian, Sonia Delaunay, Henri Matisse, Yayoi Kusama, Joán Miró e Pablo Picasso. 

Comezamos a sesión coa proxección dun vídeo conto ao que lle puxemos voz: "O día que Pigasso coñeceu a Muutisse", de Nina Landen.




Despois continuamos na biblioteca pasando polas diferentes estacións nas que puideron deixar voar a súa creatividade: acuarelas e cancións para Delaunay, pintura muralista para Mondrian, unha xoguetona bolboreta para Frida Kahlo, unhas tarxetas pop up para Calder, técnica puntillista para Kusama, modelado para Miró, construcción dunha guitarra para Picasso e collage para Matisse.

E aí tivemos unha chea de familias entregadas a explorar e experimentar diferentes técnicas e posibilidades plásticas que fixeron da tarde unha marabilla. 

Querédelas velas en acción? Pois aí van unhas cantas fotos.















Por moitas máis tardes así. 💫
Pero vaia sorte de biblio que temos neste cole!!!

Ningún comentario: