Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN ABANCA: A FRONTEIRA INFINDA

https://photos.app.goo.gl/oU4fNiKnC7DUb2ACA
Onte visitamos a Afundación para  visitar a exposición  "A fronteira Infinda", unha exposición dos pintores galegos e a emigración.
Logo de facer unha reflexión sobre o que supón para calquera persoa ter que emigrar, marchar do seu país polos motivos que sexa, pensamos na arte como transmisión dos sentimentos e propuxéronos facer un xogo para o que nos dividimos en cinco grupos. 
A través dunhas fichas que orientaron a nosa investigación na sala, tivemos que localizar uns pintores e as súas obras e logo facer unha pequena exposición co resultado ante os demais compañeiros e compañeiras.
Así coñecemos as obras de Isaac Díaz Pardo, da man das Súper Galegas: Icía, Marta e María.
A Jorge Castillo e José Mª Labra, cos Súper Piratas do Atlántico:  Irene, Ezequiel e Laura.
A Lago Rivera e Tino Grandío, cos Buscadores do coñecemento: Yago, Álex, Jatniel e Martín.
Aos irmáns Mario e Eugenio Granell, cos Necesitados dun heroe: Iria, Gaia e Fusía.
E a Leopoldo Nóvoa, cos Súper Cacharreiros: Hugo, Igor e Alejandro.
Por último, un obradoiro no que debuxamos e acabamos con tinta china uns pequenos debuxos onde plamamos as nosas preocupacións (guerras, machismo, polución...) e que logo quedaron recollidas nunhas carpetiñas. Estivo fenomenal!!

venres, 24 de febreiro de 2017

CELEBRACIÓN DE ENTROIDO: ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE???


Baixo o lema "ANÍMASTE A DISFRAZ-ARTE?" este ano toda a Comunidade Educativa participou con disfraces de pintores no CEIP de Pazos: Miró, Kandinski, Hervé Tullet e Van Gogh. Os nenos e nenas maiores, ademais, reivindicaron a figura feminina dentro da arte e escolleron a 16 MULLERES PINTORAS das que fixeron pequenos traballos de investigación dentro do programa "BIBLIOTECA ESCOLAR: Territorio das artes". 

Despois dun amplo traballo, exposicións e moita imaxinación, hoxe houbo un desfile polas inmediacións do centro no que participaron tamén as familias, e logo unha merenda coa implicación da ANPA e a, xa tradicional, LECTURA DO TESTAMENTO E QUEIMA DO MECO.
Desfile polas inmediacións do centro






5º e 6º co MECO

3º e 4º

1º e 2º

Infantil 5 anos

Infantil 3 e 4 anos

"Os máis serios"

Lectura do Testamento
Queima do MECO
 GRAZAS AOS PAIS E NAIS, E AVÓS E AVOAS QUE VOS ACHEGASTES
E GRAZAS Á ANPA 
POLO EMPUXÓN!!

mércores, 22 de febreiro de 2017

CREBACABEZAS. CADRO DE VINCENT VAN GOGH

A NOITE ESTRELADA, DE VINCENT VAN GOGH (Países Baixos, 1853 - Auvers-sur-Oise, Francia, 1890)

 

CREBACABEZAS. UN CADRO DE MIRÓ

LÚA MINGUANTE, DE JOAN MIRÓ ( Barcelona, 1893 - Palma de Mallorca, 1983)

CREBACABEZAS. CADRO DE KANDINSKI

"DECISIVE PINK", DE KANDINSKI (Moscú, 1866 - Neuilly-sur-Seine, Francia, 1944)

 

martes, 21 de febreiro de 2017

ATRÉVESTE A DISFRAZ-ARTE?



ATRÉVESTE A DISFRAZ -ARTE?
ESTES SON OS PINTORES E PINTORAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR:

Infantil 3-4 anos: Joan Miró
Infantil 4-5 anos: Kandinsky
1º e 2º: Hervé Tullet
3º e 4º: Vincent Van Gogh

5º e 6º:
Paula: Giovanna Garzoni
Juan: Rosa Frances Bonheur
Nuria: Gabriele Münter
Keira: Maggi Hambling
Ángel: Paula Modersohn Becker
Sofía: Eva Gonzalvés
Irene: Remedios Varo
Elia Séraphine Louise
Alejandra: Gillian Ayres
Andrea: Alexandra Exter
Berto: Suzanne Valadon
Borja: Frida Kahlo
Abraham: Maruja Mallo
Anxo: Olga Rózanova
Kelly: Levina Teerlinc
Iker: Sonia Delaunay-Terk

CREBACABEZAS. HERVÉ TULLET

"UN LIBRO", DE HERVÉ TULLET. (Avranches, Francia, 1958)

Os nenos e nenas de 1º e 2º están a traballar dende hai un montón de tempo os libros de Hervé Tullet, por iso vos deixamos este puzzle. A ver se sodes quen de facelo!!!! Boa sorte! 

domingo, 8 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora.
E esta é a nosa pequena homenaxe.
Agradecemos a Olga, do CEIP Milladoiro - Malpica o texto que podedes ler a continuación:

Anos cincuenta. Un exército bulangueiro de mozas percorre cada mañá os camiños para chegar ó taller no que serán aprendizas e logo, se lles aproveita o aprendido, oficialas e...COSTUREIRAS.Coas primeiras ganancias mercarán o seu propio medio de produción: a MÁQUINA de COSER. Alfa, Singer, Refrey, Sigma... están nos soños destas mozas que se farán expertas en zurcidos e remendos e en corte e confección (A miña muller/filla ten dúas carreiras, bromeaban os homes) Mozas que se farán contratar por horas ou por xornadas nas casas que poidan pagalo e logo, ó volver ás súa, coserán toda a roupa da familiar.
O seu traballo ten ademais un grande valor engadido para a casa pois os seus coñecementos supoñen unha fonte de aforro e, en moitos casos, de ingresos. Desde un pantalón de mahón a un enxoval ou un traxe de noiva... ¡non hai peza que se resista!Aqueles talleres eran a FP das mulleres galegas. Lugares nos que se sentaban en círculo en sillas costureiras, lugares de charla e de bromas (Vai buscar a pedra de afiar as agullas, era un encargo frecuente para a recén chegada) de complicidades, de rivaliades, lugares de coñecemento moi especializado: multitude de tipos de oxais, de sisas, de cuellos, de petos, de telas...cada un co seu nome propio. Auténticos templos de aprendizaxe. O mundo en feminino.
Traballo senlleiro da conciliación familiar, podía facerse na propia casa. Tódolos fogares tiñan un cuarto da costura cando aínda non era moda que cada fillo tivese o seu dormitorio.. Esta fonte de ingresos, nunca suficientemente valorada, permitiu pagar o transporte dos fillos para ir estudar, pagar a letra do coche, do piso recén adquirido, pagar... Senlleiro tamén en innovación e documentación: da máquina de levar na cabeza, pasaron á de pé e á automática. Calquera costureira era quen de interpretar complexos planos, tamén chamados patróns, e lía con facilidade revistas estranxeiras sabendo que burda significa centro de documentación de moda.Logo chegou o listo para levar e a confección barata. E foron desaparecendo as tendas de telas e os talleres. Algunhas, tentaron facerlle a competencia á produción industrial etiquetando co seu nome as prendas que saían do seu taller. Pero non sobreviviron.
Hoxe. Cada mañá, un exército silandeiro de mulleres percorre os camiños (agora en coche) para entrar a tempo nos talleres industriais nos que se sentan en filas de costas unhas ás outras, descoñecen o proceso completo da confección e cobran infrasalarios. Pero están aseguradas. E cosen, en xeral, para unha firma masculina.Na lembranza de Carme, Maruxa, Tiluca, Victoria, Reme, Loli e todas cantas vos fixeron a roupa.
TEXTO DE OLGA - CEIP MILLADOIRO, Malpica.

martes, 13 de maio de 2008

BIBLIOTECA: LUGAR DE ENCONTRO CON CARMEN MARTÍN


Unha xornada completa; iso é o que foi. Toda a mañá e toda a tarde pintando, e pintando ...
-... Pero, non te cansas?
- Que va! Ao revés, canto máis pinto máis necesito pintar.
Algo así foi o que nos dixo Carmen cando xa levaba, os tres primeiros cadros. E aínda pintou cinco máis. O seu bo humor, a súa sensibilidade e a súa profesionalidade xunto cos nosos nenos e nenas, @s profes, algunhas familias e compañeiros doutros coles, que se achegaron por alí, encheron a Biblioteca de arte, risas e sorrisos, color e calor.

Invitámosvos a ver algunhas fotos para compartirdes con nós un pouco da súa luz.

Aquí tedes o enlace ao seu blog.

venres, 9 de maio de 2008

PINTURA EN ACCIÓN - Próxima visita de Carmen Martín

Hoxe recibimos un fax urxente de Chispa anunciando a próxima visita da pintora Carmen Martín. Atentos e atentas ao martes 13!!
Chispa tivo o detalle de enviarnos tamén a carta para que a publiquemos no blog. En resumidas contas agardamos que nos acompañedes o martes pola tarde para compartir con nós "PINTURA EN ACCIÓN"



País dos libros, 9 de maio de 2008


HORA DE ...

“PINTURA EN ACCIÓN”

Ola, queridas nenas e queridos nenos:

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof
Escríbovos esta carta para comunicarvos que o martes que vén, o día 13, vai vir á nosa Biblioteca, e ao noso colexio tamén, claro, unha pintora ferrolana que se chama Carmen Martín.
¿Recordades aquela exposición de pés que vimos na saída que fixeramos ao Campus de Esteiro? ¿Recordades a noticia que saiu no blog? Pois ben, esa mesma pintora estará con nós durante todo o día, e vai facer unha actividade que se titula... “PINTURA EN ACCIÓN” !!!!!

Chis, chis-plof,plof Ela vai traballar mentres nós estamos na Biblioteca, nas clases, no patio... e, pola tarde... seguirá pintando, e pintando, e pintando, e pintando...

Chis, chis-plof,plof Podedes invitar aos vosos pais e nais, e aos avós e avoas a que veñan pola tarde a pasar un ratiño e a disfrutar con nós dese día tan especial.

Recórdovos que se queredes saber máis sobre ela e a súa obra, tedes toda a información no noso blog: http://biblospazos.blogspot.com/, e tamén na súa páxina http://carmenmartin.com/
Espero a vosa colaboración, un bico; non, dous; non, tres:
tres bicos da vosa amiga

Carmen Martín tamén anuncia a visita no seu blog.

luns, 31 de marzo de 2008

DESCUBRINDO A SOROLLA

















O pasado día 28 de Marzo os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º realizamos unha das saidas máis interesantes deste curso escolar: visitamos na Fundación Caixa Galicia a Exposición "Sorolla e os seus Contemporáneos”.
Axudados polas explicacións do noso guía descobrimos que Sorolla foi un retratista excepcional pero, que o que máis lle gostaba, era pintar escenas da vida cotiá da súa marabillosa terra valenciá. Así, Sorolla é capaz de contaxiarnos a ledicia que sente a xente despois dunha boa comida no campo ou, pola contra, tamén é capaz de transmitirnos a tristura e pobreza dun neno campesino que come sandía nun descanso da súa faena. ¿A que non se vos esqueceu a cara e os ollos dese neno condenado a comer sandía un día tras outro?
Pero a través dos cadros de Joaquín Sorolla tamén descobrimos a luz branca e nítida da praia da Malvarrosa e sentimos a fresca brisa da beira do mar… é case, case coma se estivésemos alí, con aquela nena na praia ¿a que sí?
¡Branco, escuma, risas, laranxas, luz…
Branco, branco, branco…!

Estes son algúns dos cadros que pintamos nós no taller despois da visita. ¿Gústanvos?

mércores, 5 de marzo de 2008

VISITA AO CAMPUS DE ESTEIRO, EN FERROL, CUN POUCO DE ARTE


Hai apenas unhas horas que deixamos o Campus de Esteiro. A nosa visita durou perto de dúas horas e aproveitámolas para escoitar as explicacións dos profesores e alumnas que nos guiaron polos diferentes departamentos.

Explicáronnos un pouco da historia dos vellos e novos edificios que agora compoñen este Campus de recente creación. Na época da raíña Mª Cristina, entre os anos 1894 e 1902, o enxeñeiro francés, Casimir Tollet, ideou o proxecto do antigo Hospital Militar. Moitos anos máis tarde, será o arquitecto municipal e da Armada, D. Rodolfo Ucha Piñeiro quen deseñe o proxecto para a construción dun pavillón destinado a Xefes e Oficiais. Fixemos unha visita por entre os distintos edificios do campus. E...
A continuación dirixímonos ao edificio de "Salas tecnolóxicas"; alí amosáronos un encantador robot en forma de can que fixo as delicias de todos nós, grandes e pequenos. Logo atendemos ás explicacións das estudantes de Enfermaría e de Podoloxía.


Cando estamos tan perto de celebrar o "Día da Muller Traballadora", atopamos unha interesante exposición de pintura nas dependencias da Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía da man de Carmen Martín, unha pintora galega nada en Winterthur (Suiza) en 1971, e afincada actualmente en Ferrol. "Exposición de pies" é o nome deste conxunto de pinturas.

No seu blog podedes acceder a todas as súas obras; a nós encantáronos. Ademais na "Escola Aberta de Arte" poderedes difrutar da súa experiencia e máis da de Miguel-Anxo Varela, o seu home. Desde aquí enviámoslle a Carmen Martín os nosos parabéns polo seu traballo.