lunes, 7 de abril de 2008

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2007 2008



José Manuel, do CEIP Ibáñez Martín, de Ferrol; Pilar, do CEIP Manuel Masdías, de Ferrol; Maribel, do CEIP Os Casais, de Fene; Rosana, do CEIP de Pazos, de Ferrol; Mª José, do CEIP Isaac Peral, de Ferrol; (detrás) Pilar, do IES de Catabois, de Ferrol; Loly, do IES de Fene; Susana, do CEIP San Xoán de Filgueira, de Ferrol; (detrás) Diego, do CEIP de As Somozas; Pilar Sampedro, a nosa "especial asesora"; Maite, do IES As Telleiras, de Narón; (detrás) Juan, do IES Marqués de Suanzes, de Ferrol; Begoña, do IES de Neda e Cristina, do CEIP de Cariño.

Os pasados 3 e 4 de abril, os responsables das Bibliotecas Escolares de Galicia reunímonos en Sanxenxo nos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES .


Ao redor de 170 persoas, dous días e as conferencias de
O XOVES pola mañá...
* José A. Camacho: ¡Canto vale? ¿Canto custa? ¿Para que serve? ¿É rendible? ou Como avaliar procesos e resultados na biblioteca escolar?
* María de Lourdes Dionisio: Aprender a ler: ler para aprender
O XOVES pola tarde...
* Manuel Bragado: A lectura en galego no marco da nova literacidade: o caso dos blogs
* Tres obradoiros: Antón Castro, membro de Fuxan os Ventos (Tradición Oral), Charo Pita (Presentación de libros) e José Fariña e José L. Barreiro (Ferramentas na rede)

O VENRES pola mañá...
* Villar Arellano Yanguas: A biblioteca escolar: centro de recursos para a aprendizaxe e a alfabetización informacional.
* José Manuel Luque: Biblioteca escolar e proxectos lectores. Recursos electrónicos e o seu aproveitamento.

O VENRES pola tarde:
* Laura Borrás Castanyer: Fomento da lectura en contornos dixitais
* Gonzalo Moure como peche dos encontros: "El cementerio de los leefantes"
Á parte destas conferencias, valoramos tamén o interesantísimo intercambio das experiencias entre as distintas Bibliotecas que alí estaban representadas. Re-coñecer as vellas caras e coñecer as novas, en dúas palabras: "convivir bibliotecando".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Muchas gracias, Rosana, por tu puntualidad en recoger los ecos del "Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares". Estoy encantada de haber entrado a formar parte de este grupo, especialmente por conocer a profes tan imaginativos y dinámicos. Espero que nuestra Biblioteca del IES de Catabois siga vuestros pasos. Hasta pronto: Pilar