Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Persoa Xordas Ferrolterra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Persoa Xordas Ferrolterra. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de abril de 2022

Contacontos LSE

Mañá, 23 de abril, é o Día do Libro, e hoxe tivemos unha sesión de contacontos en Lingua de Signo (LSE) grazas á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra

Dende a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra están a realizar actividades encamiñadas a fomentar a Lingua de Signos, a integración e a educación en valores. Nesta ocasión, para realizar ese primeiro contacto dos nenos e nenas coa Lingua de Signos e a comunidade xorda editaron un conto sobre o Camiño de Santiago que ten como protagonistas a un grupo de animais. 


Imitando os signos dos animais e das cores que van aparecendo ao longo da historia, fixemos voar a imaxinación. Aprendimos a signar can, bolboreta, tartaturga, esquío... azul, rosa, amarelo, marrón... O carácter visual da lingua de signos capta a atención dos máis pequenos, participando na historia a través da imitación e a repetición dos signos. 

Tartaruga
Esquío

Aprendimos tamén a signar o noso nome, empregando o alfabeto dactiloóxico. Todo un exercicio de coordinación fina!





(Hai máis fotos, que podedes ver premendo en calquera das imaxes desta entrada)

Por se algún quere repasar e non se lembra, por aquí vos deixamos este vídeo co alfabeto dactilolóxico completo. A practicar!


Grazas á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra por facer un pouco máis inclusiva a nosa Biblioteca, achegando a LSE aos máis pequenos.
Porque os libros falan en moitas linguas, e tamén en LSE!

luns, 11 de xuño de 2018

VISITA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA

https://photos.app.goo.gl/xmw9rBKmtHVBE8eG8
PREME NO COLAXE PARA VER TODAS AS FOTOS
http://www.axferrolterra.org/a-axf/
Esta mañá visitáronnos algúns membros da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), unha asociación con máis de corenta anos de historia na comarca. A súa presidenta, Teresa Gallo Lastra, falounos de como superar as barreiras na vida cotiá, na casa, na escola, na rúa..., tratando de sensibilizarnos ante os problemas  que unha persoa xorda ten que superar. Conseguir que unha persoa xorda poida ser autónoma e non teña que depender da familia ou dos amigos é o obxectivo.
Cremos que foi unha charla moi interesante na que pensamos solucións e puidemos achegarnos un pouco máis á LSE. Repasamos o alfabeto, vimos os números, as cores, moitos animais e as expresións máis frecuentes de presentación, saúdos e despedidas... E como veredes nas imaxes, ata houbo un momento para facermos unha SOPA DE LETRAS!!
MOITAS GRAZAS, TERESA E EQUIPO!
UNHA CHARLA MOI PRODUTIVA,
AGORA, A PRACTICAR!


Se queredes ampliar información, podedes ver neste vídeo a Teresa explicando cales son os obxectivos desta asociación de Ferrolterra...