Amosando publicacións coa etiqueta Xunta de Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xunta de Galicia. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de novembro de 2018

NAVEGAR POLA REDE CON SEGURIDADE...



Reencontro, presente e pasado xuntos!
Onte Alberto Botana, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), visitounos na aula de 5º e 6º para falar da navegación segura pola rede, unha charla dentro do Plan Navega con Rumbo, impulsado polo CPEIG e a Xunta de Galicia.
Antes de nada falounos do que é INTERNET. É perigoso Internet? Os dispositivos móbiles, moito máis que teléfonos. Calquera dispositivo co que nos poidamos conectar a Internet é, en realidade, un ordenador. Con esta introdución comezou unha charla dividida en tres grandes partes: NAVEGUEMOS CON SEGURIDADE, NAVEGUEMOS CON CONFIDENCIALIDADE E OS PERIGOS DA REDE.
Fixo moito fincapé, entre outras moitas cousas, en previr, e como medida preventiva, por suposto, os antivirus. Recordounos o importante que é gardar os nosos alias e contrasinais, e non revelar datos persoais, así como usar distintas contas de ususario e visitar sitios seguros porque a mellor defensa é un mesmo. Pero sempre, no caso de dúbida, PEDIR AXUDA aos adultos na casa ou no cole. 
Foi un tempo moi aproveitado, que agradecemos a Alberto Botana,  no que recordamos e aprendemos moita información.

GUÍA DE NAVEGACIÓN DO ALUMNADO
GUÍA DE NAVEGACIÓN DE NAIS E PAIS
GUÍA DE NAVEGACIÓN DO PROFESORADO