Amosando publicacións coa etiqueta #andeisdeversos #versosdepaz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #andeisdeversos #versosdepaz. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de marzo de 2022

Día da Poesía 2022: #andeisdeversos #versosdepaz

E tras unha semana de experimentación na casa e na biblioteca do cole, sairon moitos poemas: uns divertidos, outros algo tolos e algún que outro comprometido... 

A verdade é que era moi difícil compoñer poemas de paz cos textos dos lombos dos libros, pero conseguistes deixar voar a imaxinación e sairon cousas bonitas. 

Velaiquí o resultado con todos os vosos poemas.



Preme en calquera das fotos a continuación para acceder ao álbum completo con todos os poemas.







#andeisdeversos #versosdepaz
Que viva a poesía!

luns, 14 de marzo de 2022

Andeis de versos, versos de paz

Estase aproximando o Día da Poesía e este ano lanzamos unha proposta na que podedes participar tamén as familias desde casa. 
Inspirada nos #versosdebalda, iniciativa promovida pola Biblioteca Municipal de Narón, quixemos imitala e aproveitar estes versos para traballar co alumnado a situación  que se está a vivir en Centroeuropa.
Dádevos unha volta polos andeis da vosa biblioteca (ou a do cole) e gozade compoñendo poemas para a paz. En canto empezas, xa non vas poder parar.



 

Nesta primavera que está por chegar, inundemos o mundo con mensaxes de paz.