Amosando publicacións coa etiqueta Programación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Programación. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de marzo de 2022

A linguaxe de programación tamén forma parte do Lectura e familias

Hoxe tivemos unha nova sesión de Lectura e familias baseada na linguaxe de programación como parte da alfabetización informacional e de medios. Cando empregamos a linguaxe de programación estamos aprendendo a pensar e elaborar criterios propios. Tamén favorece a concentración e o análise das situacións, polo que axuda a establecer patróns de pensamento lóxico que serán de moita utilidade ao longo de toda a vida.

Programar permite afrontar os problemas desde un punto de vista creativo próximo ao método científico. É un proceso creativo como o pode ser a escritura, a música ou a pintura. Por iso é tan importante aprender a programar e por iso o profe Pablo argallou esta sesión tan tecnolóxica para nós.

 

Comezamos a sesión probando as nosas habilidades coa codificación máis básica e puidemos tamén explorar libros sobre robótica e pensamento computacional. Descubrimos os "pijamaramas" e sorprendeunos moito as posibilidas que ofrecen.

____


E despois estivemos traballando co LEGO Wedo, construindo e programando por bloques, e construímos de todo: un caracol un moíño, un robot espía... Aquí apareceu de todo.




Para dar un paso máis e... comezar a programar con scratch con CODE. A verdade é que estes tritóns son xa uns expertos nisto e foi moi doado que a sesión funcionara ben.
Se quedaches coas ganas de seguir programando, podes visitar a páxina da "Hora do código" na que podes ir avanzando nas tarefas ao teu ritmo en sesións de non máis dunha hora e con temáticas diversas. Só tes que probar a que mellor se adapta a ti.



Cómo disfrutamos das sesións de Lectura e familia. 
Xa estamos pensando nas próximas!

mércores, 2 de xuño de 2021

QOBO, un robot educativo para peques e rebuldeir@s

 

E hoxe, cando chegamos á Biblio... SORPRESA! Mirade o que deixou Chispa para nós! Un robot QOBO.

QOBO é un robot educativo con forma de caracol co que aprender a  programar por bloques, a través de tarxetas e tamén empregando un ordenador. Este caracol, como moi ben explica Chispa na súa carta fala, fai sons, cambia de cor e ata pon música discotequeira. Témoslle que axudar a completar todas as misións, guiándolle para atopar os diamantes. Ademáis é compatible con LEGO. 


Formará parte do recanto argalleiro da nosa Biblioteca e poderemos empregalo nas aulas sempre que queiramos. Que ben! Un novo robot para aprender xogando. Penso que Chispa acertou plenamente con este agasallo.

(Preme nestas fotos se queres ver máis)