Hoxe tivemos unha nova sesión de Lectura e familias baseada na linguaxe de programación como parte da alfabetización informacional e de medios. Cando empregamos a linguaxe de programación estamos aprendendo a pensar e elaborar criterios propios. Tamén favorece a concentración e o análise das situacións, polo que axuda a establecer patróns de pensamento lóxico que serán de moita utilidade ao longo de toda a vida.
Programar permite afrontar os problemas desde un punto de vista creativo próximo ao método científico. É un proceso creativo como o pode ser a escritura, a música ou a pintura. Por iso é tan importante aprender a programar e por iso o profe Pablo argallou esta sesión tan tecnolóxica para nós.
Comezamos a sesión probando as nosas habilidades coa codificación máis básica e puidemos tamén explorar libros sobre robótica e pensamento computacional. Descubrimos os "pijamaramas" e sorprendeunos moito as posibilidas que ofrecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario