Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY nos blog das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Biblios Escolares de Galicia volcámonos nunha sincera felicitación a Fina Casalderrey. Desde a Biblioteca do cole chéganos esta presentación onde se amosa a marea de entradas que acompañaron esta nova.

luns, 3 de decembro de 2012

GALLAECIA PETREA


Mañá mércores, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso cole visitará a Exposición "Gallaecia Petrea", na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A exposición propón unha viaxe por Galicia a través da pedra, omnipresente na nosa cultura desde que temos noticia.
A continación podedes ver unha imaxe de Peter Eisenman, o arquitecto que ideou a Cidade da Cultura. A todos os que non a coñecedes, seguro que vos impresionará...
Pensando nesta visita, creo que dando unha voltiña por esta entrada poderedes facervos unha idea do que imos atopar. Boa viaxe!! ; )
Peter Eisenman. Arquitecto creador da Cidade da Cultura.
Este é o vídeo da entrevista en Cultura 10, no seo dun dos edificios que conforman a "cidade":


E mergullándome na rede, atopei unha grande cantidade de información en "Terrae Antiquae". Invítovos a entrar; realmente interesante e completo.

mércores, 17 de novembro de 2010

BIBLIOTECA NO AEROPORTO!! FANTÁSTICO!




A profe Rosa envioume un enlace a unha noticia moi agradable para os meus oídos. E eu mirando e mirando cheguei a "The New York Times", onde explica que no Aeroporto Schiphol, de Amsterdam, hai aberta unha biblioteca que conta cuns 1200 libros escritos en máis de dúas ducias de idiomas, pero todos son libros de autores holandeses, ao igual que a temática. Así, algúns pasaxeiros que teñen que esperar moitas horas no aeroporto, teñen a oportunidade de coñecer Holanda a través dos libros.

A que é interesante?

venres, 24 de outubro de 2008

O COLE DE ESTEIRO INAUGURA A SÚA BIBLIOTECA ESCOLAR


Hoxe no CEIP de Esteiro, en Ferrol, houbo un emotivo encontro. Un momento máxico no que a palabra e a música cobraron vida.

O noso agradecemento por eses sorrisos e por esas doces bágoas, e as nosas sinceras felicitacións ao Equipo da Biblioteca. Un bico especial para Cuchi, a maga da variña.

Que teñades moita sorte!!