Amosando publicacións coa etiqueta Gamificación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gamificación. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de febreiro de 2024

100 días no cole no Día de Rosalía

E este curso volve a coincidir os #100días de cole co Día de Rosalía. Pero que sorte a nosa ter celebración por partida dobre! 

Así que, como xa ven sendo habitual, repartímonos nos equipos heteroxéneos nos que nos agrupamos sempre para os grandes xogos e reunímonos na Biblioteca para dar comezo ao gran xogo de Rosalía co visionado dun vídeo sobre a vida de Rosalía de Castro, que podedes ver de novo premendo aquí.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum de fotografías dese día.

Oito equipos, oito estacións e unha proposta diferente en cada unha delas, seguindo un itinerario concreto por diferentes localizacións dentro da escola. 

Pasámolo en grande en cada unha delas e ademais aprendimos un montón de cousas sobre a nosa poetisa máis universal e a súa obra.









E rematamos esta intensa xornada, xuntándonos de novo no salón de actos para cantar de novo, e todos xuntos, a cantiga que aprendimos co poema de Rosalía "Eu ben vin estar o moucho".

Marchamos co compromiso de espallar #oamorpolapatriagalega - lema deste ano para o Día de Rosalía - compartindo os versos da poeta e para iso, levámonos cadanseu poema co compromiso de liberalo.

Que viva Rosalía de Castro

e que viva a Festa dos 100 días!

martes, 31 de outubro de 2023

Unha gamificación de meeeeeedooooo

E como todos os anos, agrupámonos en equipos heteroxéneos para pasalo de medo cunha xincana de actividades nas que gozar: 

  • Colares de zonchos e cornetes para as castañas no laboratorio:


  • Retratos de medo no croma:
Este ano aínda non tivemos tempo a editar as fotiños do croma, tédenos paciencia!!!
  • Xogando coa CDU, un xogo de formación de usuarios na biblio:
  • Manualidades terroríficas no recanto argalleiro:
  • O xogo do Señor Monstro no ximnasio:
  •  E xogos de movemento no patio:


Se queres ver toooodas as fotos, preme na imaxe do itinerario que seguimos para esta xincana de meeeeeedooooooo!

Se premes nesta imaxe podes acceder ao álbum completo.



venres, 28 de outubro de 2022

Samaín 2022: Contos de medo e moitas cousas máis

É hora de poñerse a tremer, porque xa están aquí os contos de medo... escritos, ilustrados, guionizados e gravados por todo o alumnado do cole. Cómo gozamos con esta celebración na que se misturan feitizos, personaxes escuras e historias arrepiantes! 

E ademais forma parte da nosa tradición: Os nosos devanceiros xa contaban ao redor do lume historias que achegan o descoñecido e o misterioso ao noso mundo, no que á luz das candeas no interior das cabazas espantaban o medo, falando del.

Por iso, este venres fixemos un desfile cos nosos calacús acesos ata á biblioteca, e unha vez reunidos á luz das candeas contamos os nosos xa tradicionais contos de medo. Estades preparados????

Comezaron os peques de 3 e 4 anos, que contaron unha increíble historia que durou unha semana enteira e que nos deixou a todos coa boca aberta!

Logo, foi a quenda dos peques de 5 anos, que recrearon unha historia que ben puido suceder no estaleiro de Navantia e que Iago e Loaira contaron para todos e todas á perfección.


Despois, tocoulles aos rebuldeir@s, cos que trememos de medo coa fantástica historia de "O leite poderoso!" en versión audiovisual. Menudos actorazos que temos neste cole!!!

E máis contos de medo dos de 3º... e máis contos de medo dos de 4º... Brrrrrrrrr! Danme arrepíos só de lembrarme....



Para rematar a sesión coa sinistra historia "Samaín tebroso" narrada polos maiores do cole, que tamén recolleron en formato audiovisual.

Pero non rematou aquí o día, senon todo o contrario. Isto acaba de comezar! Preparamos un gran xogo no que participamos todo o cole, en equipos heteroxéneos, como antes da pandemia! Seis estacións con propostas do máis diversas polas que fomos pasando ao longo da mañá, seguindo un itinerario, para pasalo de medo.

(preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo das fotos)

Retratos no croma
(E preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo da Galería de Retratos de Medo)

Colares de zonchos

Manualidades Terroríficas

Xogo de pistas na Biblio


Move o esquelete


e Xogos Populares para o Samaín

Unha mañá moi intensa, pero na que tiñamos aínda moito que celebrar. Porque xa sabedes que sempre aproveitamos o Samaín para celebrar o Magosto. Grazas á colaboración de todas as familias, e especialmente ás familias da nosa ANPA molona puidemos degustar unhas castañas asadas das que demos boa conta no recreo.



Hummmm! Deliciosas!!!

E despois, xogos e fotos... mooooitas fotos.








Que ben o pasamos! 
Xa está tardando que pase un ano para voltar a repetilo.

martes, 22 de febreiro de 2022

100 días de cole!!!

E un ano máis toca celebrar que chegamos aos 100 días de cole deste curso. E que vir a escola e aprender ten que ser unha festa, sempre. Se non, non tería sentido.

Un feito tan importante, tíñamolo que celebrar cunha nova proposta ludificada, desta volta sobre a Axenda 2030 e os ODS, en sintonía - como non - co noso PDI bianual #esPazODSparaaconcienciACCIÓN. Todo un desafío!


Para garantir os grupos de convivencia estable, cada grupo-clase seguiu un itinerario polas distintas localizacións do colexio. En cada unha delas realizaron unha actividade vinculada a os ODS traballados ata o momento, que son:
  • ODS 3: SAÚDE E BENESTAR
  • ODS 10: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES
  • ODS 2: FAME CERO
  • ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE
  • ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE

Aquí podedes ler atentamente a explicación completa deste gran xogo, aínda que xa sabemos que estades ansiosos por ver as fotos... 


Unha a unha foron conseguindo as 5 pezas coas que compoñer un colorido quebracabezas cunha mensaxe agochada: o broche de ouro para esta proposta ludificada.

O ben que o pasamos e todo o que aprendimos. Por moitos días así no cole!!! 
Que vivan os 100 días!!!

Ai, siiiii! As fotos!!! Pois aló van! 
(para acceder ao album completo preme en calquera delas)

No bosque dos troncos, ioga.

No patio, xogos cooperativos.

No Mercado de Chispa, semáforo nutricional e lectura de etiquetaxe.

Na horta de Rosalía, #sementadepensamentos

 Na biblio, formación de usuarios


E para rematar...

Truque Matruque con Cantando os Cantares no noso patio!!!


#esPazODSparaaconcienciACCIÓN
#100díasdecole
#DíadeRosalía #sementadepensamentos