Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Cooperativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Cooperativos. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de abril de 2022

Ovos de Pascua e trabalinguas

Para celebrar o último día xuntos antes das tan merecidas vacacións deste 2º trimestre tan longo, organizamos un pequeno xogo a modo de busca de ovos de Pascua colectiva en diferentes zonas do cole. 

Así, os peques buscaron os seus ovos no Mercado de Chispa, @s rebuldeir@s na aula de música, e os tritóns e os maiores, cada quen nunha das partes da biblioteca. Cantos agochos!!!



Unha vez atopados todos os ovos, tiñan que compoñer a mensaxe que traían agochada, aprendela e recitarlla ao noso mellor cómplice en todas as nosas argalladas: o noso conserxe Xaime, quen lles tiña unha sorpresa preparada.



E velaiquí está a sorpresa: uns oviños de chocolate e uns ovos de pascua para decorar. Un xeito divertido de rematar o trimestre.



Felices vacacións para todas e todos e non vos esquezades de ler un bo libro!

luns, 31 de xaneiro de 2022

Xogos cooperativos polo Día da Paz

Hoxe celebramos na escola o Día da Paz cunha sesión de xogos cooperativos que organizaron os nenos e nenas de 5º/6º de Primaria coa axuda do profe Pablo.

Como tan ben estamos aprendendo a través do noso PDI #esPazODSparaaconcienciACCIÓN, se queremos un mundo en paz, debemos contribuir á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030. E así o recollimos no noso Libro colaborativo polo Día da Paz, e nos audiovisuais que podedes ver aquí.

Pero, queredes ver o ben que o pasamos nesa sesión de xogos? 

Pois non vos perdades as fotos. Preme aquí!!!











Pero que divertido é cooperar cos nosos compañeiros para lograr algo todos xuntos. De iso se trata, non?

luns, 10 de maio de 2021

EsPaZoS de XoGo.

E se as recomendacións lectoras dos nosos Booktubers son todo un éxito de participación, inauguramos sección a petición do noso alumnado maior. 

Iniciamos este EsPaZoS de XoGo no que falar, amosar, explicar e recomendar calquer tipo de xogo. Animádesvos a participar?

Comezamos!

martes, 18 de febreiro de 2020

E chegamos aos 100 días de cole!

E chegamos aos 100 días de cole deste curso 2019/2020, que está resultando moi emocionante, pois embarcámonos de cheo na marabillosa aventura do aprendizaxe cooperativo e do traballo por proxectos tanto en Infantil como en Primaria, e claro... había que celebralo!

E que mellor forma que cun gran xogo en forma de Caza do Tesouro no que, organizados por equipos, fomos conseguindo diferentes pezas para conformar un quebracabezas co que achar os códigos dos candeados que abrirían un cofre que agardaba por nós na nosa Biblioteca.





A primeira hora da mañá xuntámonos todos na Biblioteca para ver un pequeno video que nos daría algunha pista sobre o xogo. Alí repartíusenos o material que íamos precisar para a realización do xogo, explicáronnos o noso cometido dentro do grupo. 
















Aquí vos deixamos o vídeo por se lle queredes botar unha ollada de novo.


Cos nosos rueiros da cidade na man, deu comezo o xogo, no que repartidos en 5 lugares do cole, con nome das localizacións da nosa cidade, as nosas profes agardaban por nós con diferentes propostas, do máis variadas. 



  • No PEIRAO DE CURUXEIRAS (patio cuberto) agardaba por nós  a profe Paula e alí tiñamos que facer de mariñeiros e pescadores, nun xogo motriz no que había que despregar as nosas artes "de pesca" para recoller tan valioso produto.
  •  No TEATRO JOFRE (audiovisuais) agardaba a profe Rosa quen nos contou que un ilustre ferrolán - Ricardo Carvalho Calero - ao que este ano adícanselle as Letras Galegas escribiu unha divertida historia baseada nunha anécdota da súa nenez e tocounos representar "As pitas baixo a choiva".
  • Na PRAZA DE ARMAS, (corredor de entrada) estaba o profe Luis cun xogo de parellas de ilustres ferroláns. Era ben complicado e tivemos que consultar algún libro para lograr identificalos a todos.
  • No CANTÓN DE MOLÍNS, (salón de actos) agardaba por nós a profe Kelly que fíxonos cantar unha versión da canción de "Los Limones" que leva por título o nome da nosa cidade desde o noso particular Palco da Música.
  • Na PORTA DO DIQUE (recanto argalleiro) estaba a profe Bibiana que tiña unha proposta empregando o robot DOC sobre un plano desta parte da cidade.
  • No ARSENAL MILITAR (zona de consulta da biblioteca) estaban as profes Cris e Isabel que nos ensinaron a facer barcos de papel, recreando a nosa principal industria pero en papiroflexia.



Feitas todas as probas reunímonos de novo todos na Biblioteca e alí construimos os quebracabezas que nos darían os códigos dos candeados para abrir o Cofre do Tesouro... Nervios, prisas... risas. Que emoción! Xa estaba cerca o final do xogo!!!

Os códigos dos candeados estaban por abaixo dos quebracabezas!!! 



E foron os máis pequenos do cole os encargados de abrir tan preciado tesouro!


Como sempre, xa sabedes que podedes acceder a toooodas as fotos deste día premendo na primeira ou última imaxe desta entrada. 

En breve haberá vídeos coas probas do Teatro Jofre e "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero e do Cantón de Molíns cantando a canción de Ferrol de "Los Limones".