Durante este curso tamén participamos no proxecto Digicraft no teu cole, implementando unha serie de actividades tecnolóxicas que permiten que o noso alumnado desenvolva habilidades dixitais, fomenta a creatividade e o traballo en equipo.
martes, 4 de xuño de 2024
Digicraft no teu cole
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
B.Creativa 23-24,
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole
mércores, 1 de xuño de 2022
Un ano máis de Digicraft no teu cole
Este ano seguimos a empregar o material de Digicraft no teu cole, aínda que despois de tres cursos participando no proxecto, dun xeito moito máis creativo, ampliando así a proposta de actividades.
É xenial poder contar co material tecnolóxico que ofrece o proxecto de Digicraft no teu cole dentro do noso "Recanto Argalleiro", pero o que realmente é marabilloso é ver cómo o noso alumnado fai propias estas ferramentas tecnolóxicas e amplía as súas posibilidades de uso.
Ao longo do curso afondamos nos dous itinerarios propostos: realidade aumentada e videoxogos e intelixencia artificial e robótica. Aprendemos así a empregar novas linguaxes e ferramentas que amplían os usos da Biblioteca para convertila así nun verdadeiro laboratorio da aprendizaxe.
E como mostra, por aquí deixamos algunhas fotos.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft,
Digicraft no teu cole,
Impresión 3D,
ODS4,
Proxectos STEAM,
Recanto argalleiro,
Scratch,
STEAM
luns, 26 de abril de 2021
Comezamos o segundo itinerario Digicraft.
O ano pasado xusto cando iniciábamos o segundo itinerario confinábannos. Con moitos problemas de conectividade o proxecto "Digicraft no teu cole" fixo un parón por causa de forza maior. Pero este ano...
COMEZAMOS O ITINERARIO DE ROBÓTICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL!!!
Xa sabedes que a metodoloxía Digricraft fundaméntase na aprendizaxe colaborativa e busca a participación activa do alumnado a través do xogo e a experimentación.
Preténdese así achegar o mundo dixital ao mundo físico, empregando tecnoloxía en actividades que impliquen a mobilización tanto de habilidades motoras como de pensamento, promovendo o traballo en equipo.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Intelixencia artificial,
Robótica
venres, 18 de decembro de 2020
Digicraft no teu cole: Quiver para rebuldeir@s
Por fin, e aínda que xa no final do trimestre, conseguimos arrancar co Proxecto Digicraft no teu cole no que xa nos iniciáramos o curso pasado, e que alá por marzo fixo que freáramos en seco co segundo dos itinerarios sen comezar.
Moitos dos recursos do programa xa os estamos a empregar nos tempos de lecer na Biblioteca desde o inicio de curso. Mais o proxecto "Digicraft no teu cole" ten unha metodoloxía concreta que ten como obxectivo formar ás nenas e nenos de entre 6 e 12 anos nas competencias dixitais que lles permitan desenvolver o seu potencial, a través de diferentes entornos.
Nesta sesión, @s Rebuldeir@s empregaron a aplicación Quiver, de realidade aumentada, en concreto Quiver Mask. Desde esta ligazón podedes acceder a un montón de materiais para imprimir, colorear, escanear e xogar a lucir as máscaras tan fantásticas que creastes.
Convidamos ademáis a todas as familias a que curioseedes na páxina web do proxecto "Digicraft no teu cole", xa que nela hai unha grande cantidade de materiais e recursos de libre acceso para empregar a tecnoloxía de forma lúdica e educativa nas vosas casas.
Se algunha das propostas abertas vos parecen atractivas para compartilas cos vosos fillos e fillas, e non dispoñedes dos materiais necesarios para levalas a cabo, lembrámosvos que a nosa Biblioteca permanece aberta os martes pola tarde, de 16 a 18 horas, e previa reserva, poderíades empregar os materiais dos kits tecnolóxicos do programa que se atopan no Centro.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Quiver,
Realidade aumentada,
Rebuldeir@s
xoves, 12 de marzo de 2020
Digicraft no teu cole: construíndo instrumentos musicais.
Na proposta de hoxe do Proxecto Digicraft no teu cole, xogamos a construír instrumentos musicais con material de refugallo e as placas makey-makey dos kits "Instant Digital Skills".
Pero como pode ser que uns vasos de iogur soen a batería ou que poidamos tocar o piano cunha caixa de cartón?
Pois todo é grazas ás placas makey-makey, que tivemos que aprender a conectar e a un pequeno programiña de scratch que permite reproducir sons dos instrumentos musicais escollidos cando se pechan os circuítos eléctricos.
Cantas posibilidades poden darnos estas ferramentas tecnolóxicas, verdade? Poderías construír un piano usando froitas? E quen di un piano, di calquera outro instrumento musical.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Instant Digital Skills,
Makey-makey,
Scratch
xoves, 27 de febreiro de 2020
Digicraft no teu cole: Pirámide holográfica e cubo de realidade aumentada
Como sei que quedastes encantados cos hologramas, déixovos por aquí un vídeo para construír a vosa propia pirámide holográfica caseira, pero lembra pedir axuda a algún adulto para facelo.
E unha vez que a teñas feita, nesta ligazón poderás ver un montón de exemplos de vídeos holográficos para probala.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Hologramas,
Instant Digital Skills,
Realidade aumentada
xoves, 6 de febreiro de 2020
Digicraft no teu cole: Labirinto sonoro
Na sesión de hoxe de Digicraft no teu cole coñecemos un material novo dos kits tecnolóxicos "Instant Digital Skills": as placas makey-makey. Son unhas placas similares ao mando dunha vídeoconsola, coa que se poden enviar ordes ao ordenador ou tableta ao que se atope conectado. En vez de pulsar os botóns o que facemos é pechar un circuíto mediante contactos ou pinzas de crocodilo. Así, podemos converter calquera obxecto da vida diaria nun teclado, un mando ou un rato.
Creamos un labirinto en papel empregando uns lapis con mina superconductora (4B), un pouco de papel de aluminio, uns imáns potentes e uns cables crocodilo como elementos dos circuítos, de xeito que cando uns dos imáns toque as paredes do labirinto, pecharase o circuíto e a tableta reproducirá un son, grazas a un sinxelo programiña de scratch.
Unha primeira aproximación ao funcionamento das placas makey-makey que nos serviu para refrescar na memoria esas primeiras pinceladas de circuítos electrónicos que tivemos no trimestre pasado nos obradoiros STEAM da biblioteca. Lembras?
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Instant Digital Skills,
Makey-makey,
Scratch
mércores, 29 de xaneiro de 2020
Digicraft no teu cole: StopMotion Studio
E como case cada semana, desenvolvemos na nosa biblioteca unha nova actividade dentro do proxecto Digicraft no teu cole. Desta volta descubrimos as posibilidades que ten a técnica de animación de stop motion, empregando a app StopMotionStudio, que podedes descargar libremente desde a GooglePlay en calquera dispositivo Android ou na AppleStore para dispositivos ios.
Unha app moi sinxela que permite crear pequenas curtas de animación de forma rápida e intuitiva. Un recurso moi interesante que pon en xogo multitude de recursos creativos: elaboración de escenarios, personaxes, invención de diálogos, situacións, deseño de "storyboards"... Un feixe de habilidades postas en acción para artellar uns resultados de película.
Deixámosvos os códigos QR co acceso directo á GooglePlay e a AppleStore. Animádevos a probar tamén en casa. Quen sabe se temos entre nós algún futuro técnico de animación gañador dun "Goya".
GooglePlay

Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Stop-motion
xoves, 21 de novembro de 2019
E máis Digicraft no teu cole: buscadores e Toontastic
Todas as semanas temos unha sesión de "Digicraft no teu cole" en cada un dos niveis para os que están plantexadas. Empregamos os nosos grupos de traballo cooperativo e certamente isto nótase, pois cada vez traballan mellor entre si de forma autónoma.
Na terceira sesión de Digicraft no teu cole empregamos os buscadores de internet para lograr completar un rosco de pasapalabra. Hai que dicir que algunha resposta xa a sabíamos, pero o logro estaba en amosar os resultados das nosas pesquisas nas tabletas. Ufff!!! Que difícil é buscar cando se sabe a resposta!!!
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Amtega,
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Digicraft.,
Fundación Vodafone
mércores, 6 de novembro de 2019
Digicraft no teu cole: Draw your game
E na sesións desta semana de Digicraft no teu cole pasámolo xenial, ademais de aprender un montón.
Fomos quen de crear o noso propio videoxogo empregando só unha folla de papel e rotuladores. Increíble pero certo!!!
Seguindo unhas pequenas instruccións creamos os nosos escenarios (rotulador NEGRO), colocamos algunhas plataformas de salto (rotulador VERDE), os elementos a manipular (rotulador AZUL) e por suposto aos nosos viláns (rotulador VERMELLO).
Escaneamos e listos... A xogar no noso debuxo!!!
Despois dos primeiros intentos, démonos conta de cómo poderíamos mellorar o deseño tanto do escenario como dos elementos de xogo, e así, redeseñamos o noso propio videoxogo.
Queres probalo en casa? Colle a túa tableta ou teléfono e escanea este código QR para descargarte a aplicación gratuitamente e a xogar!
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Amtega,
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Fundación Vodafone,
Instant Digital Skills
mércores, 23 de outubro de 2019
Digicraft no teu cole: primeiras sesións.
Consta de 2 itinerarios para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O primeiro deles está baseado en actividades de realidade aumentada e videoxogos, e o segundo itinerario xirará entorno á robótica e a intelixencia artificial.
O programa ten unha duración de dous cursos escolares, e para o vindeiro incorporará ademais ao alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Ten unha dotación de 12 tabletas e 2 kits tecnlóxicos, que grazas á Fundación Vodafone e AMTEGA poderemos disfrutar durante os dous cursos que durará o programa.
E queredes saber como está resultando? Pois a verdade é que é unha experiencia xenial! O alumnado traballa moi concentrado e ademais de xeito lúdico, creandose un clima moi divertido na biblioteca. Preme na foto de abaixo se queres ver máis.
Nesta primeira sesión traballamos coa aplicación Wafty, que permite debuxar no espazo. Istos son os nosos primeiros pasos na realidade aumentada. Empezamos!
Publicado por Chispa
1 comentarios
Etiquetas:
Amtega,
Bibliotecas Creativas,
Competencia dixital,
Digicraft no teu cole,
Fundación Vodafone
venres, 4 de outubro de 2019
Boas novas por partida doble: Biblioteca Creativa e Digicraft no teu cole.
Sen dúbida esta fin de semana temos moito que celebrar, xa que a nosa Biblioteca entrará a formar parte no presente curso 2019 / 2020 nos proxectos de"Bibliotecas Creativas" e "Digicraft no teu cole", que buscan achegar ao alumnado a robótica e a linguaxe de programación a través de retos STEAM, introducíndoos na cultura "maker" e facendo da Biblioteca Escolar un verdadeiro espazo de creación e laboratorio de ideas.

O segundo - Digicraft no teu cole - ten unha dotación de 12 tabletas e 2 kits tecnolóxicos, conta cunha metodoloxía específica e desenvolverase durante dous cursos escolares.
Ambos programas están concebidos para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, aínda que queremos facer accesibles os materiais a toda a Comunidade Educativa a través de obradoiros nos recreos ou en sesións de tarde abertas ás familias.
Sen dúbida que imos sacar moi bo proveito de todos estes materiais! Empezamos en 3... 2... 1...
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Digicraft no teu cole,
Escornabots,
Impresión 3D,
Instant Digital Skills,
Recanto argalleiro,
Robótica,
STEAM





































