mércores, 29 de xaneiro de 2020

Digicraft no teu cole: StopMotion Studio

E como case cada semana, desenvolvemos na nosa biblioteca unha nova actividade dentro do proxecto Digicraft no teu coleDesta volta descubrimos as posibilidades que ten a técnica de animación de stop motion, empregando a app StopMotionStudio, que podedes descargar libremente desde a GooglePlay en calquera dispositivo Android ou na AppleStore para dispositivos ios.



Unha app moi sinxela que permite crear pequenas curtas de animación de forma rápida e intuitiva. Un recurso moi interesante que pon en xogo multitude de recursos creativos: elaboración de escenarios, personaxes, invención de diálogos, situacións, deseño de "storyboards"... Un feixe de habilidades postas en acción para artellar uns resultados de película.

Deixámosvos os códigos QR co acceso directo á GooglePlay e a AppleStore. Animádevos a probar tamén en casa. Quen sabe se temos entre nós algún futuro técnico de animación gañador dun "Goya".
GooglePlay














Ningún comentario: